Como todos sabedes o venres 25 houbo pleno...esta vez non puiden asistir debido a que o presidente en funcións e o recentemente electo requiriron a miña presenza en Moncloa para organizar e dirixir o próximo traspaso de mandos...como non podía ser doutro xeito alí funme, pero non sen deixar algúns mosquitos encargados de solicitar toda a información do caso....
Aínda que asi non o fixera, xa é de coñecemento público que ultimamente nos plenos máis que debate a conciencia e con base legal, o que hai é show cara ao público.
Salvo algunha que outra excepción, toda ocorrencia lévase a pleno con forma de moción vaia saber un con que fin, ou seguindo que iluminadas directivas.....
Exemplo 1:
Moción de CG: " APOIO A PROCLAMACIÓN DO ESTADO PALESTINO", anda que chacho, non sabía eu que como estamos perto de Reyes e como veñen de Oriente, para que nos traian algún que outro agasallo, mellor tratar o tema da proclamación do estado Palestino...
Non fose mellor proclamalo Reino?.., pés en terra compañeiros que estamos na Guarda, non se se vos destes conta onde queda Palestina, a verificar o compás e o conta quilómetros e centrarse na comarca.....
Nin sequera fostes ás eleccións nacionais e estades preocupados polo que ocorre en Palestina? Non é por darvos caña, pero podería asegurar que eles non saben nin que vós nin o pobo existe...
Exemplo 2:
Unha moción asumida polo BNG: " EN DEFENSA DO TRABALLO XUSTO E ILUSIONANTE DÚAS SERVIZOS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA"
Que dicir neste caso?, "traballo xusto e ilusionante de normalización lingüística", xusto é que se fale como se fale, todos teñamos traballo...e ademais, non creo que nin os meus pais, nin avós nin eu mesmo perdamos nunca a ilusión da nosa fala natural aínda cando sufrimos a súa cercenación durante a ditadura.
Logo de tantos anos normalizando a lingua en todo o país, ou somos lelos ou xa temos todo en orde para seguir adiante, ata cando haberá que normalizar?, ata que todos os profes do BNG teñan o seu posto quizais?
Exemplo3:
Moción do PP: "CREACION DUNHA COMISIÓN PARA A PROCURA DUNHA MELLOR LOCALIZACIÓN Ó MERCADILLO SEMANAL DA GUARDA
Compañeiros, si que sodes Kamikaces querendo xuntar nunha comisión, for para o tema que for, a representantes de cada partido político, aínda os que aparecen para a foto en épocas de eleccións, a Orpagu e Palangreiros, a Acigu e Ábaco, etc..nin con James Bond á cabeza poderíase formar esa comisión, é Misión Imposible....a menos que o único motivo sexa tocarlle os Paco Jones ao PSOE...
Algúns queren mostrar que aprenderon a escribir mocións pondo nelas o primeiro que pasa polas súas cabezas, hai que xustificar o que se cobra doutro xeito, primeiro pensando...
En fin este pleno dará para mais opinións, xa veredes...