domingo, 27 de noviembre de 2011

MOITA MESA PARA POUCOS MOSQUITOS

Todos sabemos a difícil situación económica pola que atravesa o noso país, a falta de traballo que ten a 5 millóns de persoas dando voltas en busca dalgún choio, os recortes en educación e sanidade que sufrimos porque “non hai diñeiro con que solucionalos”, os medos sobre o recorte das pensións etc, etc.

Todos con xusta razón queixámonos ante estas situacións que nos toca vivir día a día, ou se é que somos moi afortunados e non nos toca de preto nin en primeira persoa, sen lugar a dúbidas sabemos dalgún veciñ@ ou coñecido que o está a pasar mal ou moi mal.

Os políticos dinnos que eles o fan o mellor posible e que tratan por todos os medios de
observar coidadosamente os fondos dos que dispoñen para distribuílos axeitadamente segundo as necesidades máis urxentes.

En principio como bo mosquito crédulo, confiei, tanto na xente coma nos que din que acceden ao goberno para facer o mellor para nós. Confiei ata hai poucos días cando un mosquito amigo que anda picando pola zona de Pontevedra, fixome chegar unha información do máis orixinal e reveladora...

Deputación de Pontevedra outorgou no terceiro trimestre unha subvención a unha asociación de veciños dunha rúa un tanto alcalina, co n.º 11/942 549 7....... por valor de 5000 €, para solucionar unha situación de imperiosa necesidade que era a "compra de mesas"...??????.

Na devandita rúa non hai tantos veciños como para tanta mesa, e ao ritmo que imos creo que se temos mesa non teremos comida para poñerlle nada enriba. Como podedes ver as mesas para unha asociación de veciños son de primerísima necesidade, máis que os mestres para os nosos fillos ou traballo para nós.
Iso si, a xulgar polo prezo haberá que deixalas no testamento da avoa como parte da herdanza porque deben ser de primerísima calidade....
Para finalizar o tema dicir que o máis gracioso da cuestión foi escoitar xente do lugar queixarse "a ver se me deixan sen pensión coa crise"

Cabe aclarar que non é esta a única subvención
"por ideais" que encontrei, pero si a que máis me fixo pensar, porque entre as cadeiras de Psoe (recordan?) e agora algunhas mesas do PP, imos tendo o mobiliario completo...

Tamén puiden ver como ao concello de Tui deronlle 4000€ para o Desfile-concurso de entroido e outros 10000€ para o desfile propiamente dito, é dicir 14000€ para que haxa disfraces na rúa..., pero se ao ritmo que imos deica pouco iremos todos vestidos de pordioseros sen necesitar disfrazarnos, ou non?

Entre moitas outras parrafadas que irei debullando pausadamente, comprobei como tanto políticos coma xente da pé usa e abusa aínda en época de crise dos cartos de todos nós...

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Voy a tener que mudarme a esa calle porque mi mesa está comida por la polilla y la asociación de vecinos de mi calle no me la cambia, Vaya que tienen cara algunos,
Lo sabrán todos los vecinos de esa calle? y todos los de la asociación?
Seguramente vive por ahí algún PPepillo y por eso se lo dieron, cara que tienen algunos

Anónimo dijo...

Anda que chacha, eu aforrando e aforrando para comprar os muebles da sala e resulta que na juarda rejalaban as mesas
imor lá buscalas

zz..paff dijo...

As mesas serán para xogar a brisca o vendedor de orquestras e logo cantar as coarenta, especialmente nas imprentas da localidade. Precisa moitas mesas porque fai facer a festa do Monte e non ten moito sitio donde sentar a directiva, menos mal que logo a Sirley Temple vai traerlle axudas crematísticas de Santiago