viernes, 25 de noviembre de 2011

UN PAÍS DE ENSAIOS POLÍTICOS


Imaxinemos que nunha esquina calquera na que as persoas van e veñen, cada unha abstraída nos seus problemas, de pronto alguén se para e mira cara a arriba e permanece así mirando fixamente cara a un punto indefinido...

Unha segunda persoa detense e tamén mira cara arriba. Os demais seguen camiñando. Unha terceira persoa reúnese cos outros 2 e tamén mira cara arriba. Varios dos camiñantes míranos con certa estrañeza, 10 minutos despois hai unha verdadeira multitude parada na esquina mirando cara arriba.


Como se reuniu esa multitude? Unha mirada inxenua podería crer que se foron agregando un tras outro a un ritmo máis ou menos regular ata chegar a esa cantidade de xente.

Sentenza para políticos: Débese facer un grande esforzo para lograr esa masa crítica inicial que é a que vai disparar o crecemento e sen a cal pronto se pasará ao esquecemento, nunha forma aceleradamente proporcional á que se creceu.

O crecemento político é como a multiplicación dos pans. Claro que non son pans senón votos.
E para que esa multiplicación se produza é imprescindible alcanzar certa masa crítica inicial. Mentres non se alcance, só lograrase sumar lentamente (no mellor dos casos).


Alguén se preguntou por que miraban todos cara a ese mesmo punto non definido, sen que nada en especial chamase a atención?


Aquí está o mellor, algunhas veces todos nos poñemos a mirar cara a algún sitio como pámpanos, simplemente porque vemos que outros o fan e cremos que algo interesante estará a acontecer, cando en realidade o que pasa, é que somos sinxelamente malos imitadores dalgún que non tivo mellor idea que pararse nunha esquina a ver como outros sen cerebro o imitaban.

 
Sentenza para votantes: Cando vexas algún político que di moito, explica pouco e mal e non entende nada do que expón, non te poñas demasiado perto, porque todo se contaxia, ata a ignorancia...y por se iso fose pouco, rematará dicindo e intentando facerte crer que a ignorancia individual fai unha sabedoría colectiva...

Finalmente e para que reflexionedes:


"Se consegues que todos os parvos estean do teu parte,poderás conseguir que te elixan para calquera cousa. " Frank Dane


"Para o que non ten nada, a política é unha tentación comprensible, porque é un xeito de vivir con bastante facilidade. " Miguel Delibes

"Se pensa o que se quere e dise o que se pensa, esa é a base da democracia", aínda que a algúns aprendices e ensaístas de políticos lles moleste o voo deste mosquito.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Después del mitin del Sinde y el anuncio que allí hubo,comentan por algunos bares entre copa y copa, que IU está perdiendo el norte queriendo unirse a la Izquierda Vencida, por eso más de un votante desde ahora busca acera para iniciar otro rumbo.

PACO JONES dijo...

Isto é unha lección que me deu o meu tío-avó PARANOICO JONES: "o animal máis importante do rebaño é o cabestro; todos o seguen, todos acaban no matadeiro menos él."

Antes no pobo tiñamos o pregoeiro, logo chamáronno fierante e agora chamánlle téncico de marketing. Pero no fondo o seu traballo e fácer propaganda. O deber da propaganda é mainupa-la masa, gando, xente,... O seguinte non vai ser do gosto do PP, PSOE, BNG, IU, CIU, PNV, HB,....

1º) Distrae-la Masa, distrae-la atención dos grandes problemas, o Pobo que mire outras cousas de importancia mínima ou nula,... así non ten tempo para pensar.

2º) Criar problemas e despois ofrece-las solucións. Criamos un problema, deixamos que o problema se agrve, o Pobo pedirá solucións e nós imos a darllas, pero aceptarán que certas medidas "impopulares" son necesarias para a solución. Pois antes deixamos que a situación degradese (paro por exemplo).

3º) Todo parto necesita algo de dor; para aceptar unha decisión impopular habera que ofrecer un futuro venturoso. "¡¡Todo irá mejor mañana!!", neste intre o Pobo está maduro para acepta-los sacrificios que imos a impor.

4º) Infantilandia = Pobo. Hai que trata-los como nenos, tocarlles a parte sensible, mantelos na ignorancia, estupidez, nun mundo de xogos,... A educación do Pobo sempre debe de ser da pior calidade. Inculcarlle a auto-culpabilidade, a culpa do que sucede é do Pobo, así non se revelará.

Así PARANOICO JONES sempre decía: "se non podes gañarlles, ¡¡confundeos!!".

PACO JONES dijo...

"A educación do Pobo sempre debe ser da pior calidade". Dende o outro día veño dándolle voltas a esta idea. As veces teño que facer de mestre dun sobriño/a que vai atrasado nas matemáticas, na física,...

Pero ó compara-los seus libros, apuntes, cós meus da miña época de bachiller en Tui, si que noto que hai un baixón no nivel de esixencia, da calidade, da preparación,...

Estou plenamente a favor do Ensino Público; daquela eramos +40 alumnos por aula, agora son a metade e a calidade é inferior. ¿Qué pasa aquí, a menor número de alumnos pior preparación?.

Comparamos os seus horarios lectivos cós meus, e antes tiñamos máis horas de clases. ¿Qué alguén me explique como a menor número de horas a educación pode ser millor?

Pero si hai unha relación-coincidencia que non me gosta. Coa implantación do novo sistema educativo da ESO é cando acelerase a perda de dereitos do sistema laboral, maior número de sistemas de contratos pero todos con menos dereitos, menos soldos,...

Non creo en certas coincidencias, ó meu entender xa había dende o comenzo unha idea pre-establecida: empiora-lo ensino público para logo empiora-lo mercado laboral.

¿Cál é a maior preocupación dos nosos xoves?, ¡¡que non suba de prezo o pack de cocacola-botella de ron para ir de botellón o sábado pola noite!!

Meu querido mosquito temos un dobre problema: políticos inutiles por un lado e polo outro unha sociedade totalmente "anestesiada",.... ¡¿Cada vez isto parecese máis á sociedade soviética de finaís do 80, xusto antes do 9 de novembro 1.989?!

ZZZ MOSQUITO CAPÓN dijo...

totalmente dacordo contigo amigo Jones cantos menos sexan os que poidan pensar mais mano de obra barata imos ter..e así os poucos e cada vez menos que aprendan e pensen serán os que cheguen ao goberno...sinxelamente un colonialismo intelectual, algunha vez foron os indíxenas, logo foron os negros, agora queren que sexamos todos e tontos....