Hoxe amencemos coa ingrata novidade de que toda ilusión posta nunha nova comisión para as nosas festas do monte, foise para o...inferno....
Si amigos mosquitos pouco nos durou a esperanza depositada nunha comisión de xente honesta, tan pouco que non me deu case nin tempo a escribir unha nota sobre o tema, foi un visto e non visto...
Referíase quizais a estas "suxestións amigables" que recibiu Gándara e familia, cando o noso Superlopez dicía días pasados ao verse apartado das súas aspiracións, "tí fai o que teñas que facer, que eu sei ben o que farei "????
Home se é ese o caso...caer máis baixo aínda pódese, pero non moito....
Algunha vez falei de vermes preeiros, deses recoñecidos pola súa ineptitude, mediocridade e rastrerismo a todo nivel.
Deses parásitos que deixan a súa pegada nefasta por doquiera que pasan, e os que afeitos a vivir na inmundicia, non saben como actuar cando se encontran con seres dignos, decidindo en consecuencia ensucialos a como dé lugar...
Neste caso só cábeme pensar que a intelectualidade deses espécimes, é inexistente como todos sabemos, polo que non cabe dúbida, son dirixidos dende outros lares por algún outro insecto.....
Mosquit@s se o único que temos neste pobo para levar adiante algún proxecto, é dar "intimidacións ou suxestións e recomendacións" aos que saben facer e pensan mais que outros...apaga e vámonos....
Como escoitei nalgún bar do porto hoxe mesmo, hai veces (como esta) nas que ser guardés dame vergoña allea, por temor a que me confundan ou comparen con certa chusma...
Si pensas ou sentes o mesmo ca min, xa sabes o que debes facer..... colaborarás cos insectos nestas festas???