A gran sorpresa do último pleno foi a concelleira de CG coa súa falta de apoio aos 4 fantásticos.
Moitos criamos que tal como fixo cos salarios, favorecería o goberno local nestes presupostos.
Comentaban nalgunha copistería ornitolóxica, mentres fotocopiaban documentos para un grupo de opinón, que a devandita concelleira xa estaba abducida polo PSOE, e que aprobase os presupostos xa era un feito....
Despois de semellantes eruditos comentarios, a miña sorpresa foi maior aínda ao ver que non os aprobaba.
Pero pregúntome entón, que terá encontrado neles a devandita señorita para opoñerse?, non estarán todas as contas ben claras?, ou é que hai cuestións de fondo polas que non chegaron a acordos?
Mais ben creo que caben dúas posibilidades, ou a concelleira como novata que é no cargo, non se pon de acordo con si apoiar ao PSOE ou non, ou está a xogar ao despiste...creo que vai sendo hora de posicionarse, sempre dixen que non me gustan os mornos, e isto está morno, morno e con mal cheiro....
Señores Fantásticos se é que finalmente non logrades acordo con CG, a non preocuparse, como quedou en evidencia, sempre podedes contar co BNG, o teléfono do concelleiro en cuestión está operativo as 24 horas do día, xa volo dixo no pleno, maior xenuflexión imposible...
E se tampouco chegades a acordos con eles como noutras ocasións non moi afastadas, quédavos aínda a posibilidade de negociar coa Sobrinísima e a súa Tita a ver qué pasa...
A cuestión é que alguén vos apoie e vos aprobe as contas ...iso si, sen poñer reparos porque a vosa concelleira fai os números que dá gusto velos, claro que os que saben do tema din que están mal, pero si a que fala é a interventora, non se a escoita e como antes, coma se seguisen en maioría absoluta....si non podemos cumprir coa lei, a debuxamos ao noso xeito e xa está...
Pero permítome darvos un consello, se é que finalmente chegades a algún acordo co PP, asegurarvos de que a hora de votar estean todos presentes....o é que xa sabiades de antemán quén faltaría oportunamente????
A reflexionar mosquitos...
"Máis inmoral que non cumprir as leis é querer facelas á medida dun"
Montesquieu
8 comentarios:
Hola amigo mosquito, vous coas explicacións contables do orzamento, pero feitas de tal xeito que todo o mundo as entenda:
1º) O orzamento contabiliza uns ingresos de 6.730.000€; estes ingresos saen dos impostos directos, indirectos, taxas, aportacións do Estado, da Xunta,... ¡¡ou sexa saen dos nos petos como contribuintes!!.
Se na Guarda vivimos unhas 10.400 persoas, cada habitante aportamos 647€ para o Concello. Unha unidade familiar dunha parexa e dous fillos ven aportando caseque 2.590€/ano.
Cada un sabe o traballo e esforzo que lle custa xuntar este diñeiro.
2º) Hai un partida de gastos que é "Fomento do emprego" con 132.859€, os salarios do persoal que traballan en "Fomento do emprego" son 130.859€. ¡¡94% da partida é para pagar salarios!!
¿Cantas xestións fan para buscarlle traballo ós +840 guardeses desempregados?; ¿a cúantos lles atopan un emprego?
Meu primo ASTERISCO JONES sobre esta partida dí: "Fomento dos empregos para amigos".
3º) Para paga-la productividade é gratificacións diversas ó persoal do Concello hai 59.000€.
¿Cál é o baremo para medi-la productividade?, ¿hai algún sistema de control sobre os horarios de traballo dos empregados do Concello?; ¿qué cantidade se lles desconta por non cumprir có horario de traballo?
Continuará:...
Hola amigo mosquito, seguimos con explicacións contables do orzamento 2.012:
No orzamento do Padroado do Monte, capítulo 5º, partida 521.00, hai un ingresos por intereses de depósitos de 6.000€.
Isto quere dicir que o Padrado debe ter aproximadamente uns 200.000€ depositados en contas bancarias. Digo aproximadamente porque esta cantidade que é un activo do padroado non aprece contabilizado, nin recollido por ningurés.
Debe ser que o Sr. Javier Sousa esqueceu contabilizalo, e isto que este señor ten un sobre soldo de +5.000€/ano por leva-las contas do Padrado. Pouco traballo e mal feito.
A partida para paga-la enerxía eléctrica custa un total de 365.000€. Cada día o Concello gasta 1.000€ en electricidade, a cada guardés custanos 35,1€.
O custe da iluminación das nosas rúas é de 158.000€. ¿Señores concelleiros para cando un Plan de Aforro en enerxía eléctrica?.
Seguro que a Sra Montsé nos falará dos grandes desvelos de Paulino neste capítulo. ¿Pero nos orzamentos non aparecen refrexados estes aforros?.
A nosa "amada e útil" Policía Local custanos 376.000€/ano; cada día do ano os paseos e ausencias dos nosos policías custanos 1.032€/día. O 94% da partida vai para pagarlles os seus soldos= 354.000€. Cando os olles, pensa que os seus servicios te custan 36.2€/ano.
Pero como son tan activos, cumpridores, atentos cós cidadáns,... O Sr. Freitas os gratifica con +18.500€; agora sen ironia unha gratificación innecesaria.
Sr Xan porfavor presente xa un Plan de Tráfico, inclúa como elemento do mesmo a Policía Local. Que sexa con iniciativas para que traballen, se o Plan de Tráfico e para que sigan ca vida ociosa que levan,... ¡¡non o presente!!
Continuará:...
Hola amigo mosquito, seguimos con explicacións contables do orzamento 2.012:
Alarma meu amigo mosquito, no orzamento hai unha partida para desratizar, por 4.000€. Coidado non vai ser que algunha mente iluminada non queira facer traballos de desinsectación, ¡¡pon en alarma ós outros mosquitos!!
Servicio sociaís, para elo nos gastamos 370.400€; ou sexa cada guardés aporta 35.6€ para elo.
Pero o 75% do mesmo é para pagar soldos, 278.400€; se logo descontamos os custes operativos, de funcionamento, material,... Vemos que realmente para gastos sociaís e subvencións a entidades sociaís só hai 43.000€ (11% do total), isto quere dicir que só 4.1€ por guardés van a servicios sociaís efectivos.
Vamos Sra Montsé, menos presumir do gran esforzo por manter esta partida,... As miñas nenas no sobre do "Domund" aportan máis diñeiro.
Vostede ó falarnos das contas a nivel global o que fai é demagoxía, os números hai que peneiralos, o resultado final é unha acción social raquítica.
Continuará:...
Oes JONES, ¿Qué númaro de carné tes de CONVERXENCIA GALEGA?, ou eres parente da do Necher?, o pregunto, porque non fas mais que defendela. Naljúns temas sen razón. Iso sí, para min e mellor que o Breva.
Paresme increibel que digas que non sabe de contas, estás muy equivocado, o noso Xan fixo fai anos un curso contable co seu cuñado, ese si sabe de económicas e algo se lle pegaría o vivir xuntos ainda que sea en pisos separados, pero el roce hace el cariño. As prácticas as fixo sendo bó gallego vendendo hamburjesas en Ireland, a veira (que non do Beiras) dos hijos de la Gran Bretaña ou de la Pérfida Albión.
Falando disto, o rapáz que será, UPgallo, Irmandiño ou Maisiño? Xa non vai poder sacar o zapato nos plenos e iso que ahora ten a compañía da productora de colonias e perfumes tudenses, ¿Por qué non montou o nejosio nesta vila ou en Joian? Parez que canto mais lonxe mellor, por miña parte, BO VIAXE.
Entrei en todalas páginas de información sobre a Juardia, e nas fotos non mirei caras estrañas para poder identificarte a ti nin o Capón, ¿Non sereis a misma persona? Non sei, non sei, pero co tempo aljo averiguarei.
SIJUANA
Hola amigo mosquito, imos coas perlas do informe da Interventora, Sra Ana María Vigo:
Sinceramente deberían de ser lido por tódolos concelleiros.
Páxina 11º === Estado de ingresos ===
"no estado de ingresos é importante ter en conta a falta de acerto no cálculo das previsións orzamentarias, có consecuente déficit na financiación, pode dar lugar a desequilibrio durante o exercicio na financiación do gasto, e que dita situación reflexe nun remanente de Tesorería negativo."
"a xuizo de quen suscribe considera que algunhas previsións de ingresos non se cumpre có principio de prudencia, e que a maior previsión de ingresos non está suficientemente documentada, atendendo ós dereitos recoñecidos do exercicio anterior."
Conclusión: OS INGRESOS ESTÁN INFLADOS.
Páxina 12º === Subvencións a recibir ===
"subvencións consignadas no orzamento, quedarán condicionadas á existencia de documentos fehacientes que acrediten os compromisos firmes de aportación; no caso das consignadas neste orzamento, dicir que non existen compromisos firmes de aportación en algunhas delas.
Para ser prudentes a intervención recomenda que o gasto non se autorice ata a confirmación da subvención.
O maís adecuado sería esperar a que se conceda a subvención, para proceder á modificación do orzamento."
Conclusión: OS INGRESOS DAS SUBVENCIÓNS ESTÁN INFLADOS.
Conclusión: SE OS INGRESOS NON SE CUMPREN, AS CONTAS DO CONCELLO VAN A XENERAR IMPORTANTES PUFOS.
Continuará:...
Hola amigo mosquito, vai outra perla do informe da Sra Ana María Vigo:
Vai adicado á Sra. Hortensia (BNG):
Páxinas 13, 14 e 15 === ESTADO DOS GASTOS ===
"Esta intervención recomenda unha maior contención no gasto público, dado que a previsión de gastos son superiores a de anos anteriores".
"na contabilidade do Concello constan facturas do ano 2.011 e anteriores que non están recoñecidas, e támpouco consignouse un crédito específico e suficiente no orzamento do 2.012 para proceder ó seu recoñecemnto. A esta intervención lle consta que se consigna un crédito para recoñer facturas por un importe de 220.552,27€, cando en realidade na contabilidade figuran como facturas pendentes un total de 799.427,82€."
Conclusión = só van pagar un 27% das facturas impagadas que hai, fica por pagar 578.875,55€.
Ánimo Sra Hortensia, digalle a Xan que colla a tixeira e recorte no orzamentos nos gastos estes 578.875,55€.
Se o Decreto-Ley que emitíu o Consello de Ministros obriga ó Concello a facer un plan de axuste para facer frente ós 799.427,82€ de facturas pendentes; a Sra interventora vai ter que facer cortes con motoserra. ¿Entende agora porque os orzamentos son un neonato sen vida?
Continuará:...
Querido anómino; debes saber que os JONES temos carnéts de tódolos partidos con importancia na vida política da Guarda.
1º) Carnet de PP, afilieime cando ainda era AP e tiñamos a sede na costa do Ligero.
2º) Carnet do PSOE, cando me afiliei ainda tiñamos a sede no baixo dunha casa na rúa Secundino Melón.
3º) Carnet do BNG, cando mo entregou o finado Tonino Torrón, a sede do BNG era o seu vello "Renault 11".
4º) A solicitude de afiliación a CG a entregei no verán na Lonxa.
¡¡Sempre hai que poñer unha vela a tódolos Santos!!; Isto mo decía a finada da miña avoá Dña Adelaida; só que algúns JONES o adaptamos ós tempos modernos, e na carteira temos carnet de tódolos partidos.
Non discriminamos a ningún partido, todos teñen algo de bó, algo de malo, algo de mellorable,... Así sempre gañan os nosos, e perden os outros.
¡¡¿está claro?!!
Sorpendesme Paco Jones! tes carnet de tódolos partidos...iso xa xases como se lle chama, non o bou decir por que te admiro, pero me deixas descomposto. E dis que todos teñen algo de bó, algo de malo, algo de mellorable...de malo e mellorable, moito moitisimo pois cada vez estan mais lonxe do pobo, en todos los ambitos, e de bó, o único bó e a corrupción que teñen.
Publicar un comentario