jueves, 1 de marzo de 2012

OS 4 FANTÁSTICOS: A RAPAZA INVISIBLE



A rapaza Invisible comezou o seu andaina como parte dos 4 fantásticos na anterior lexislatura.

Pero despois destes anos na Casa Grande, vémola un pouco deteriorada, por algo din que a política co-rompe, os desgustos turban a calquera, e fan sentir o seu peso no organismo de todo mortal....


Gustaríame esbozar un pouco as características que deron orixe ao seu nome, as máis destacables son:

-O poder que ten de volverse invisible mediante a desviación da luz ...este poder utilizouno para facer tamén invisibles partidas de diñeiro que van dun punto a outro e chegan a confundirse...
      Exemplo: Nos anteriores presupostos o Concello aparece aboando 22000 € de iluminación da Festa do Monte, pero hai algúns días ese gasto xustifícano verbalmente como parte dos gastos asumido pola Asociación que viña facéndose cargo da festa estes últimos años....amigos mosquitos os efectos que a rapaza invisible logra coa desviación da luz son extraordinarios, a luz da festa pasa de ser aboada por uns a ser pagada por dous....


-Outra capacidade que ten é a de xerar mentalmente campos de forza que utiliza como escudos para protexerse de calquera ataque...


      Exemplo: Mentalmente xera os campos de forza de modo tal que un sae do pleno despois de escoitar as súas explicacións dos presupostos sen desexos de atacala nin decirlle nin pío, xa que non nos decatamos de nada do que dixo e polo tanto saímos aparvados...


-Este mesmo campo de forza pódeo utilizar ao seu gusto para formar obxectos ou materiais, para mover ou levitar obxectos....

     Exemplo: A través deste campo é como fai os presupostos, forma os números das partidas, os ingresos levítaos ata onde os require, os gastos móveos cara a onde sexan máis politicamente correctos, en fin unha ganga....

A única dificultade é que como boa heroína invisible, pasa para todos nós case desapercibida, salvo en ocasións como estas nas que como o eixe principal do pleno foron os presupostos, é dicir o seu labor como concelleira da área, todos nos decatamos do seu estupendo traballo e uso dos seus poderes...



Como non podía ser doutro modo, a rapaza invisible é Houidini con faldras á hora de facer números...Ups, quixen dicir unha maga, Houidini era o rei do ESCAPISMO...


Moito e ben non o fai ninguén...

Calquera similitude coa realidade é pura ficción...


12 comentarios:

PACO JONES dijo...

Seguimos cóas perlas do informe de intervención:

Este vai adicado á "fantástica" Montsé.

Páxina 14 === SUBVENCIÓNS QUE DA O CONCELLO ===

"A Lei diferencia entre as subvencións a outorgar polo procedimento de concorrencia competitiva, por medio de convocatorias públicas, en base a criterios obxectivos,... (que debería ser o procedemento habitual), das concedidas por un procedimento directo.
Decir que o Concello opta nos orzamentos por este sistema."

Conclusión = AS SUBVENCIÓNS AS DAMOS A DEDO.

"Ademáis as cuantías que figuran no anexo das subvencións, existe a maiores cantidades nas distintas partidas para atender subvencións puntuaís de carácter excepcional,... que dificualtan a súa convocatoria pública."

Conclusión = BOLSAS OCULTAS, NON RECOÑECIDAS NO ORZAMENTO. Este é un dos poderes de Montsé facer invisibles certas cantidades de diñeiro.

A todo isto nos orzamentos non hai partida expresamente aberta para as Festas do Monte. ¿Haberá partidas invisibles para isto?. ¿Non se engañou ás persoas que tentaron colle-la Festa ó decirlles que o Concello apoiaría e asumiría certos gastos da Festa do Monte?.

¡¡¿ONDE ESTÁ A PARTIDA DAS FESTAS DO MONTE?!!

Continuará:...

Anónimo dijo...

solo muy pocos, sabemos, que tu abuela se llamaba, Adelaida.

PACO JONES dijo...

Última perla do informe de intervención:

Páxina 22 === CONCLUSIÓN FINAL ====

"Esta intervención reitera a necesidade dunha maior contención no gasto público, así como a existencia de facturas de anos anteriores sen crédito suficiente para o seu recoñecemento neste exercicio,... a falta de acerto no cálculo das previsións orzamentarias, pode dar lugar a un desequilibrio durante o exercicio na financiación do gasto.
A elaboración do cálculo da previsión dos ingresos débese de facer có rigor necesario e conforme ó principio de prudencia, para evitar resultados negativos."

Conclusión = INGRESOS INFLADOS E NON REALISTAS, AUMENTO DO GASTO, E CASEQUE 800.000€ EN FACTURAS IMPAGADAS,... A FINAL DE ANO AS DÉBEDAS DO CONCELLO VAN AUMENTAR.

¿QUÉN PAGA AS DÉBEDAS? = NÓS CÓS NOSOS IMPOSTOS = PARA O ANO VINDEIRO MÁIS IMPOSTOS.

PACO JONES dijo...

Imos có tema salarial:

A partida total é de 2.471.265.8€, o 38% de todo o orzamento. A cada guardés custanos 237.6€/ano, ou uns 20€ por mes.

Soldo do Alcalde = 44.761.36€/ano; desquitamos IRPF, SS uns -12.800€ o seu salario queda en 2.250€/mes. (Eu por este soldo non son alcalde).

Secretaria, Interventora e Tesoureiro = 57.900€/ano, un salario mensual de 2.820€. A Secretaria e Tesoureiro deberían traballar máis, as veces non o gañan.

Auxiliar administrativo = 21.000€/ano, sobre 1.200€/mes. Funcionarios con estudios de EGB, ¡na empresa privada hai licenciados nestes postos e con soldos menores!, polo tanto é un persoal caro e non competitivo.

Administrativo = 31.000€/ano, sobre 1.700€/mes. Funcionarios con FP2, BUP,...¡na empresa privada hai licenciados nestes postos e con soldos menores!, polo tanto é un persoal caro e non competitivo.

Limpiadora de edificios públicos = 19.200€/ano, sobre 1.100€/mes. ¡a empresa privada polo mesmo traballo gañan menos!, polo tanto é un persoal caro e non competitivo.

UN CONCEJAL RASO (sen mando) = 2.280€/ano, sobre 190€/mes,(¡cando cobran, pois ó parecer eles ainda non cobbraron nada!).(Eu por este soldo non son concejal, nin borracho), isto é traballar gratis; ben hai sobre 8 concelleiros que non merecen nin isto, o seu papel é facer de maniquís.

Uns 0.2€/ano custanos cada concejal, recebe maís esmola o pobre que pide na porta do "Familia" e ninguen o insulta.

Sr. Xan, Fontenla, Sras Bea, Hortensia,... traterei de non insultalos, ofendelos,... 0.2€ non me da dereito a faltarlles ó respeto.

ZZZ MOSQUITO CAPÓN dijo...

Querido amigo Paco tesme abraido cós números, despois ainda resoplan porque non lles aproban os presupostos????
Deben crer que como escoitei por algún bar, somos mais brutos qure bocadillo de toxos...toxos pode ser, brutos quizás, pero lelos a hora de facer as contas cando queremos...

Anónimo dijo...

¡¡PRIMISIA INFORMATIVA!!
QUEDA CONFORMADO: OU PACO JONES EU e o MOSQUITO sonche a mesma persoa, ou andan xuntos en procesión, seguro que ambolos dóus sonche da mesma familia ou do mesmo clube. Hai que seguir investigando, pero considero que non estou moi lonxe da verdá.
Un fala de contas e ou outro analisa os presuposto, ¿cal dos contos se aproxima a verdade? Sin lugar a dudas, o recital da dos ollos rasgados ten mais visos de realidade, e se non é así, e que entre o estreñemento e as gafas non lle permiten ver a realidade.
SIJUANA

zz...paff dijo...

Amigo JONES-JONES, ou sexa, o orixinal, GRACIÑAS por facernos conocer as contas e saber cousiñas que nos axudan a xustificar aos votos en contra. O teu é unha tesis e non o "barullo" de numeros que nos fai o "Xanciño". E lojo ainde presume de saber o que dí cando fala de presupostos. ¿En que quedamos? ¿Non dixo no pleno anterior que él non sabía de contas? ¡¡Claro, é de letras?por iso di Busco Novias Gordas (B.N.G.)
Dame pasencia e resinasion

Desde la Atalaya (guardesa) no la del PP dijo...

JONES = MOSQUI: Acabo de pasar por la sede del PP y están en reunión, creo que están analizando los comentarios vuestros para presentar las alegaciones, lo que no dan resuelto es como hacer para asistir todos a los plenos.
Lo tienen bastante mal el problema, casi en las misma gravedad que cuando iban a organizar las Fiestas del Monte, al final el milagro de salvar al Lambadas no fué posible, pero tienen pensado ir a Fátima (iglesias) para los milagros

PACO JONES dijo...

Imos analiza-lo peche de contas do exercico 2.010 (lamentablemente os funcionarios da sección de contas son incapaces de pecha-las contas do 2.011).

Conta 0/912/22601/01 = Atencións protocolarias dos órganos de Goberno; presupostado 5.000€, pero pechase cun gasto de 8.595,27€. Ou sexa un desfase no gasto de +70%. no orzamento deste ano presupostan 4.500€. ¡Logo xa veremos que é o realmente gastado!, pero os antecedentes non son bós.

Conta 0/920/15000/01 = Incentivo de productividade funcionarios da Administración; no orzamento do 2.010 había 2.200€, pero logo o gastado foi 4.759,9€; un desfase de +116%.
¿Cómo se mide a productividade destes funcionarios de oficinas?
¿A puntualidade, horario de traballo realmente cumprido contablizase?

Señores concelleiros o orzamento é importante; pero é moito máis importante o peche final das contas, pois este é o documento final contable onde refrexase o acontecido realmente.

Para que o entendamos, o orzamento e como a pose que adoptamos cando van facernos unha foto. O balance final de contas é a foto real xa feita.

Gracias ó Sr. Rolán por recomendar esta páxina ós seus actuaís compañeiros pepeiros para que a estudien e tomen nota.

PACO JONES dijo...

Seguimos analizando algunhas contas sorpresa das partidas de gastos:

Contas 0/334/2220001/01 e 0/334/222004/01 son os gastos en teléfono que xenera a radio municipal, un total de 9.615€/ano; ou sexa un custe duns 800€/mes.

Señora Montsé pareceme un gasto desorbitado.

Eu persoalmente das novas locaís me informo sempre de primeira man en dúas páxinas de internet: infomiño e galiciasuroeste. ¿Cántas persoas se informan pola radio municipal?

Sobre a guardería municipal, temos as partidas 0/34201/01 e 0/45010/01 estas aportan uns ingresos para a guardería de 55.000€. Pero vemos que a partida 0/320/2270600/01 contempla uns gastos 159.944€.

Persoalmente creo que o servicio da guardería é importante, vemos que os ingresos apenas cubren 1/3 dos gastos. ¡¡Pero a radio municipal é prescindible!!

Nestes tempos hai que prioriza-los gastos importantes, e pechalos innecesarios.

un contrivuinte dijo...

os funcionarios non deverian ter plus de productividade, pois non producen nada de nada, malamente fan o seu traballo diario. xa son demasiados caros, o igual que as horas extras alguns case todos, non as deberían cobrar pois seria a forma de recuperar o que non faen en todo o ano, vease a policia localNUNCA ESTAN CANDO SE LLES NECESITA.

PACO JONES dijo...

Todos sabemos como andan as contas públicas deste País; o outro día o Sr. Montoro xa nos falou dun recorte +36.000 millóns de €.

Pois na partida 0/42000/01 Participación nos tributos do Estado hai un previsión de ingresos de 1.551.258€.
Pero no ano 2.010 cando a situación era mellor, por este concepto ingresouse 1.508.929€.

Eu non me creo que o Sr. Montoro nos ingrese o máis diñeiro que no 2.010.

No exercicio do 2.010 o grupo de goberno fixo unhas previsións de ingresos de 8.965.147€; pero o resultado real do ingresado foi de 7.303.765€; un desvio de -1.661.381€.
Dito doutra forma, o desvio foi de -18%. ¡¡Isto é moito desvio!!

¿¡Enten agora porque é moi importante estuda-lo balance final das contas anuaís!?

Ben Srs Fontenla, Xan, Bea,... e outros concelleiros da oposición, aquí durante estes días deixeilles bastantes pautas para presentar alegacións contra o orzamento.

De momento está probado, pero aínda non entrou en vigor, aínda falta varios trámites para chegar ó final.

Se vostedes traballan en serio eu atopei un par de motivos contables-legais para impuganalos.

¡¡Traballen as constas, non é chegar ó Pleno e soltar catro tonterias!!

Eu o único proxecto político que vexo nestas contas é: seguir cobrando un soldo durante uns anos máis para logo colle-la xubilación,... o mesmo que ten Susa nas contas do Rosal.