domingo, 4 de marzo de 2012

OS 4 FANTÁSTICOS: MR FANTÁSTICO


Hoxe tócalle a quenda a Mr Fantástico, quen exposto xunto cos seus compañeiros aos raios cósmicos da alcaldía, sufriu cambios vertixinosos nestes anos...

Posúe a habilidade de alongar e cambiar todo o seu corpo ou partes del de xeito incrible.
Cambiarse a un estado super maleable, que lle permite estirar, comprimir, ampliar, deformar, alongar ou remodelar a súa forma física por vontade e á fantástica lonxitude de máis alá dos 500 mts, aínda que maiores distancias xa lle demandan un serio esforzo físico e non chega ata a VÍA aínda que o inviten a negociar...

El pode facerse así mesmo tan delgado como o máis fino papel ou converterse no suficientemente fino como o diámetro dun fío e pasar polo ollo dunha agulla, por iso do difícil que nos será encontrar unha agulla nun palleiro... sobre todo se os que o buscan son os que asistiron hai anos ao Gran Prix...

A súa forma maleable faino relativamente inmune á maioría dos impactos convencionais, por exemplo nos plenos está sempre rebotando as preguntas e cuestionamentos que lle fai a oposición, inmutable, sen que non quede nin unha rabuñadura, nin un aceno de turbación ou de vergoña...


Pola reestruturación das súas características, pode ocultarse a vontade, sobre todo en ocasións onde desexa desaparecer parar non ter que responder como no caso das 21 licenzas, os departamentos da pasaxe, ou algo máis recente como a discoteca...

Os reflexos e a velocidade de Mr Fantástico tamén están moi por enriba de limítes humanos, unindo a súa flexibilidade aos seus reflexos, pode esquivar obxectos que viaxen a gran velocidade, como por exemplo as multas polo temita das licenzas, págaas pero esquiva levalas á práctica incumprindo a lei...

É o líder dos 4 fantásticos e o home máis intelixente sobre a face da terra. A mente xenial que posúe fano un líder nato e un xenial estratego. O maior poder de Mr fantástico é sen lugar a dúbidas a súa mente extraordinaria (outra cousa é para qué a usa)...

Tal punto chega a súa intelixencia e habilidade no xadrez da polítca, que todos cremos (ata el mesmo) que é o Español o que dirixe o grupo, cando en realidade é só o cabeza de turco que vai á fronte para levar os primeiros paus, mentres que Mr Fantástico vai á retagarda con cara do que manda é o outro, "eu son bó...eu son o mártir que paga as multas"...en primeira liña de lume nunca van os xenerais, sempre o fan os soldados rasos, os torpes pero brabucóns...

Unindo a súa intelixencia, flexibilidade e rapidez Mr Fantásticio pode enfrontarse a calquera inimigo mesmo a seres como o noso Dr Octopus (ou Polvo a feira) local que ten tantos brazos coma lle sexan precisos para atopar o que poida logo do lavado de cabeza partidario...

Así o demostrou ao longo da anterior lexislatura e no que vai desta, xa que despois de zorregalo en infinidade de ocasións, ilusionalo con negociacións que non chegaron a nada e burlarse del, aínda consegue que lle ofreza a posibilidade de conversar cando o desexe e ter o seu teléfono operativo as 24 horas por se decide negociar...un XENIO con maiúsculas noso Mr Fantástico....

Para reflexionar:
Non é que os politicos mintan, É QUE OS MENTIREIROS   ESTÁN A  GOBERNAR.



6 comentarios:

PACO JONES dijo...

¿Mr. Fantástico?; poida que si, que teñas razón,... eu maís ben diria fantasioso, e creo que algo illado da realidade vive o noso persoeiro.

¿Quén lembra a aquel Freitas e Español de finaís dos 80 e primeiros dos 90?; loitando contra os abusos das maiorías absolutas de Ligero e Puri;... resulta que todo aquilo que eles criticaban, agoran son o pan de tódolos días non seu facer.

¿Quién te ha visto y quien te ve?.

Imos facer de Freitas o "mártir" das 21 licencias; como maniobra política está ben orquestada; pero non son 21, as realmente problemáticas serán 5 ou 7 como moito.

Pero a postura de "mártir", requere estar disposto a sofri-lo martirio: sacrificio final. Mentrás o martirio sexa pagar multas, ¡non hai problema!. Pero cando o xuíz emita unha requisitoria onde ou se inicia o derribo ou o inhabilita. ¡Ese día acobouse o face-lo mártir!

A inhabilitación, conleva perde-lo posto de alcalde, pero tamén o posto de funcionario (mestre). A ese punto o noso "mártir" non quere chegar como martirio; verse na rúa sen ser alcalde: pase; pero verse na rúa no paro pois pérdeuse a praza do posto de traballo como mestre e ser un parado maís: ¡¡iso non!!.

¿Cál é o proxecto político do noso mártir?; tentar seguir na alcaldía, prolonga-lo proceso de non executa-la sentencia de derribo; seguir cobrando para dentro de 3 anos deixa-la vida política e acollerse á xubilación.

Como herdanza deixará un Concello sumido en moitos problemas xudiciaís, e un PSOE local desnortado, descabezado, descomposto e inmerso nunha rexeneración que vai a resultar moi dolorosa.

zzz...paff dijo...

Amigo Paco Jones Eu, despois das distintas clases de economía municipal que nos tes largado, ¿A oposición que votou contra eses Presupostos, vai presentar alegacións os mesmos? Xa sería unha carallada que quedaran aprobados sen máis os 15 de ser levados o Pleno. Se non presentan alegacións, quer decir que non encontraron nada que criticar e polo tanto, equivocaron ou actuaron de mala fe o non aprobalo. O tempo será testigo.

tuerestontoouque dijo...

Que será de nos cando nos faltes HERMANO JONES? xa casi non recordamos as notas nos periódicos cas choradas de Freitas e séu asesor o Miguelito, menos mal que non é da pandilla da Mafalda, senon tería máis rabietas que Manoliño.
Creo que vai a ser a bomba cando o Mosqui faga a imaxen do Albariño, dicen as malas lenguas que van habilitar unha habitación (creo que a nº 13) nas aforas da Guarda para que poida atender os veciños a mediodia

PACO JONES dijo...

Hola meu amigo mosquito:

Vexo que hai moita entrada de visitantes-lectores nesta última semana; pero poucos animanse a escribir. Iso si, os parroquianos de certos bares pola mañán preguntan se hai algo novo do "mosquito".

Este pasado domingo, despois da misa dominical acudimos a toma-lo vermouth (o "maritrini" rojo como digo en confianza); un dos nosos bares usuaís para as mañáns domicaís está na praza do reló.

Este domingo, tomando o "maritrini", leendo o xornal, ollando para as nenas que xogan na praza,... saudoume un ex-concelleiro con un look moi ó Lenin; nese mesmo intre saía do concello o noso alcalde da casa consistorial cargado de papeis e acompañado dunha parexa.

Pregunteille ó noso ex-edil se había voda hoxe na casa grande,... ollou para os protagonistas, sorprendeuse. Dixo que aquí alguen está a cocer cousas a espaldas dos demaís.

¿Qué aconteceu o domingo?; ¿porqué non se fan estas reunións no horario normal de funcionamento do concello?, ¿a qué ven esta clandestinidade?, ¿que se está a cocer?,...

ZZZ MOSQUITO CAPÓN dijo...

Eu añadiría algo mais amigo Jones...saben os outros Fantásticos o que está cocendo o Míster?

dende as palomas dijo...

o das visitas o Concello fora de hora de atención o público e moi miudo, logo así acontece que para falar co Alcalde, co que máis manda ou co da Citroen, hai que ir despois das 12 as aforas do pobo, si non miras o coche, non te preocupes, está aparcado na parte datrás, xa teñen espacio reservado, pois o baballo non deixa perder unha e espéraos ca tapa quentiña, e a ser posible que teña patiñas, as mellores para acompañr co albariño.