lunes, 12 de marzo de 2012

OS 4 FANTÁSTICOS: A COUSA



Aínda que en España o coñecemos como "La Cosa"... noutros países chámanlle "La mole", eu digo, no meu guardés de toda a vida,"La Mole non mola"...



Como os demais Fantásticos, recibiu os seus poderes debido á tormenta de raios cósmicos da alcaldía que aumentou a densidade e resistencia do seu corpo, e que fai que o seu aspecto sexa similar ao dun ser formado de rocha
O seu aspecto estraño de cara de pedra, é para el unha maldición, xa que lle impide levar unha vida normal, e a diferenza dos seus compañeiros pasar desapercibido...

Adquiriu unha forza e resistencia sobrehumanas, á vista está que a pesar da infinidade de reclamacións de tráfico que se lle fan dende un local plumífero, "A Cousa" segue sen inmutarse, a punto tal de nin sequera dar resposta...eso si os dias de cobramento non falta pola casa grande....



A súa forza foise incrementando considerablemente dende entón, durante os seus primeiros anos de carreira, era case un INTOCABLE...actualmente a súa capacidade de forza non se definiu, non obstante é defendido a capa e espada polos outros fantásticos, será porque foi o único que aumentou os votos na súa zona de acción?  Será por iso tamén que as subvencións que se lle dan á Festa da Mercede son MUYYYYYYYY SUPERIORES as que se lle dan ás outras festas??? Será....será....



Os seus amigos fantásticos comentan que grazas a el aforramos moitos cartos, o problema é que esa situación non se ve reflectida nos presupostos que eles mesmos elaboran, onde irá a parar tanto ahorro fantástico????...

Pode resistir forzas explosivas tan grandes como a dunha bazooka sen recibir dano ningún. Isto quedou en evidencia cando ao longo de todos estes anos, vimos como o BNG pediu unha e mil veces un plan de tráfico, recibindo tamén infinidade de respostas, como " xa se encargou a unha empresa que o realice", pasando por "non hai partida destinada a iso nos presupostos deste ano" (nin de ningún), ata o silencio máis absoluto...pero sempre a nosa "Cousa" local permaneceu sen modificar a súa estrutura externa, nin sequera viñéronselle as cores á cara, claro como é de pedra...

Pode realizar unha actividade física intensa durante máis ou menos unha hora antes de fatigarse, sempre e cando esa tarefa se realice por algún bar de Galicia...

Mantén varias habilidades adquiridas antes da súa transformación, nas súas épocas de Citröen e cando era un simple mortal, entre elas encóntrase unha grande experiencia en combate man a man con vellas glorias partidarias e a capacidade de conducir moitos tipos de transportes, sempre a custa do concello claro...


O seu estilo de combate inclúe técnicas de boxeo, loita libre, judo,jujitsu, todo o que sexa necesario para librarse das queixas dos veciños que ven o descaro có que en épocas de crise hai os que manteñen o seu posto na alcaldía pero sen dar pau á auga....



Finalmente, o noso superheroe foi adquirindo ultimamente algunha das habilidades dos outros tres, por exemplo ten calidades de Invisibilidade, non se o ve por ningunha parte salvo nos plenos..., será que non pensará cobrar estes meses????, adquiriu como o Facho Humano, a capacidade de autoincendiarse, pero como aínda non tiña esta habilidade moi ben afianzada, quedou chamuscado ata os ósos..., está a intentar lograr as calidades de Mr Fantástico para esquivar o que vén, aínda que francamente non creo que o logre...


Acabo de decatarme de que o PSOE non ten só catro concelleiros......será porque nunca os tiveron en conta????... había concelleiras dalgunha área????... en fin...chego á conclusión de que os "Catro Fantásticos" nunca estiveron polo labor de formar a "Liga da Xustiza" e incluír aos outros superheroes, aínda que o prometeran,  cantos menos sexan para repartir...o poder...mellor, non é certo?
Que os temos de decoración vaia!!!...


2 comentarios:

PACO JONES dijo...

Hola amigo mosquito:

O persoaxe da chama humana, según un neno da familia, morre no nº 587 do ano 2.011. Creo que aqui hai segundas intencións; ti xa sabes que o noso protagonista xa está preparando a súa saída da vida política local.

Sobre o persoaxe que lle otorgas a Paulino, tes moita razón; detrás desa mole rocosa é onde están parapetados os seus xefes.

Pero nunha situación de "guerra móvil", a masa petrea é estática e a súa operatividade é nula. O exemplo o temos na famosa liña Maginot dos frances; os alemáns a rodearon e atacaronlles por detrás,...

Pois algo así lle acontece ó noso Paulino, para o ataque-defensa frontal-estático é útil. Pero cando o enemigo rodea á distancia a posición e ataca por detrás, a defensa petrea pode transformarse nunha trampa.

Reafirmo a analise da situación de embarranque do PSOE local; para sair dum embarranque hai que soltar lastre, quitar pesos mortos, soltar mercancias,... para que o barco gañe flotabilidade e poida sair á frote.

O "capitan Freitas" pode chimpar pola borda ós pesos pesados, pero entón queda sin defensa e protección. Isto o vexo pouco factible.
Pode soltar pesos menores, a defensa non se resinte, pero a gañancia de flotabilidade é moi pouca.

Eu creo que a situación de embarranque vai seguir varios meses máis; pero as defensas que aportan Montsé e Miguel vanse debilitar e queimar dun xeito moi ostensible e visible.
A forma de botar abaixo unha defensa rochosa é facer unha cova debaixo dela e logo prenderlle lume, e esta remata por cair ela soa,... e creo que está comenzando a acumularse combustible na zona da Gándara.

De tódolos xeitos o barco do PSOE local está para o desguace; lembramos que este ano faise o centenario do Titanic,... ¿?

aturuxo dijo...

La Masa, La Mole,(na galega O PAQUETE), o aguardenteiro pode levar calquer título, ¿cobrando? ¡que mais da! ca jeta que ten el e o hirmán, cando no San Gregorio fai de queimadelos, calquer (A COUSA) sirve.
Do que non se fala e do pouco filing que ten co Comandante e co Sargento García, pasan días e días e no Concello nín se miran. Como siga así o asunto, ainda de Cabo Furriel vai dar un golpe a lo bananero e retira aos outros. Atentos aos acontecementos que se aproximan.