miércoles, 7 de marzo de 2012

OS 4 FANTÁSTICOS: O FACHO HUMANO


O Facho Humano incrementou os seus poderes cando os raios cósmicos da alcaldía bombardearon o seu corpo, a pesar de que xa dende moito tempo atrás viña propagando labaradas por todas as partes.

O seu carácter impulsivo, irascible, xocoso, soberbio e irónico, trata de ser encubrido cunha calma ficticia xa por todos ben descuberta...


Sente que posúe a capacidade mental para controlar a enerxía térmica do ambiente, cando en realidade é el só o que acende labaradas que moitas veces se volven no seu contra...


Pode xerar formas compostas de lume, aínda que en xeral emprega as súas palabras para "esculpir" as chamas como un lazo para atrapar os inimigos...

A chama do facho pode ser extinguida por materiais de asfixia, como a auga, area, escuma de extinción de incendios, as mantas resistentes á calor, e por actitudes intelixentes que fan cada vez máis evidente a súa chularía, prepotencia e falta de capacidade de xestión....

A saída de luz do facho é na súa maioría na rexión infravermella do espectro, e é invisible a simple vista, o que en cambio brilla a plena luz é a incompatibilidade entre altanería e soberbia, con ser un servidor público (cargo para o que se postulou e foi electo)...


Intentou de mil e un modos desfacerse de todos e cada un dos que no seu día foron bastións partidarios, entre eles a Festa do Monte, temendo o próximo declive, pero todo foi en vano...

Ultimamente e por motivos que polo momento me reservo, foi visto  tendo explosións de lume ata no ámbito máis próximo.
O almacenamento de gases licuados a presión por perder a maioría absoluta e sobrequecer polo accionar da oposición, fixeron que entre en ebulición e que o seu bleve afecte ao resto dos fantásticos...


A radiación infravermella da bóla de lume das mentiras que comezaron no Gran Prix e que rebotou cual búmeran, ten un alcance maior que o resto de efectos da mala xestión, e é a que causa máis danos.

A súa condición física (saúde, lesións, esgotamento) limita a duración da súa chama, cousa, que se vén facendo notoria en cada un dos últimos plenos...

Finalmente saber deste superheroe, que se é golpeado con pequenas cantidades de auga, ata uns cinco galóns, o facho pode convertelo en vapor con relativamente pouco esforzo e salvarse, pero se en cambio lle tiran con 21 licenzas, presupostos con partidas de diñeiro infladas, contas que non pechan e a Festa do Monte que ao final ninguén quere, non hai chamas que alcancen, nin vapor que non afogue....a punto tal de ter que pasar na actualidade de Facho Humano a Chisqueiro Allien...



13 comentarios:

PACO JONES dijo...

Faíseme díficil falar de Miguel Español; pois o coñecín cando eu iniciaba unhas prácticas na fábrica onde él traballaba. Hoxe saúdame e sempre me fala orgulloso do seu neto.

Miguel é un "zapador" da política local; entendamos por zapador a ese soldado que ten como deber prepara-lo terreo para o avance da infanteria e doutras tropas: retirando minas, quitando alambradas, refacendo pontes,... sempre están faixo o fogo directo dos enemigos, as baixas entre eles son grandes e có tempo os poucos que sobreviven rematan queimados.

Pasaron os anos e noso "zapador" xa está queimado, con gañas de retirarse da 1ª liña de frente e pasar á retaguardia para descansar. Xa non é o tempo das victorias do 2.007, agora trocou a marea e son tempos de estar á defensiva.

Outros "zapadores" xa inciaron fai tempo este pase á "reserva activa": Rolán e Cividanes no PP, Fariñas,... Miguel creo que chegou o momento de ir iniciando o pase á reserva,... tamén hai vida fóra da política local.

Sei que eres un bó táctico na loita "corpo a corpo" da política local; pero creo que dende fai uns meses non compartes totalmente ou descoñeces parte da estratexia do teu "capitán". Lembra que as grandes medallas, desfiles,... son para os oficiaís de alto rango, os suboficiaís coma ti só lles queda un uniforme con moitas feridas de guerra e pouco máis.

Miguel sei que les esta páxina tódolos días, ti faláchesme dela. ¡Tes a palabra!

"Das wort hat Herr Miguel. Danke!"

ciudadana del mundo dijo...

Que pasa con los fantásticos locos que gobiernan este pueblo que se ponen a aprobar un presupuesto al cual la interventora (la que sabe de números y presupuestos) pone pegas y más pegas e informa que es inviable.

1- Si esperan recibir X dinero de la administración van recibir X-A= Y, no será mejor pensar lo peor, se recibirá muchos menos que el 2011, un 20% menos.

2- Si están pensando en recaudar tanto X, hay varios factores que intervienen y pueden alterar X: la gente no te pagué porque no tiene dinero, licencias de obra sin créditos a la vista nada, reformar casas si aguanto 2 años aguanta uno más.

3- Si en las casas de los Guardeses estan haciendo su presupuesto con un gran recorte que va 20 al 50%, deberia ser lo mismo en la casa Grande de todos los Guardeses.

Estos fantásticos serian súper fantásticos si consiguieran hacer mucho con poco (5 millones de Euros seria mas realista.

ciudadana del mundo dijo...

Los trabajadores del ayuntamiento que son funcionario y empleados, su jornada laboral a la semana es de 37,5 horas?
A mi no me salen las cuentas si están de 8 a 3 de lunes a viernes ( 35 Horas), que no están porque a las antes de las 3 están en casa muchos y otros son las 9 están llegando a su trabajo en cuentas reales me salen ( 30 horas o menos) semanales.

En ese caso estará reflejado en los presupuestos del ayuntamiento una rebaja proporcional al tiempo que no están trabajando, porque lo han cobrado de mas todos estos años seria de ley mandar esta gente a la calle o que estuvieran varios años cobrando sólo 50% de su sueldo?

un contrivuinte dijo...

estimada ciudadana del mundo:
Sabe usted que cuando se tiene que hacer 1 o 2 horas a más (de las que usted nombra) se las pagan, y el caso es que nadie controla la jornada normal, menos las extras. Quien nos demuestra a nosotros los contribuyentes que esta gente, trabaja las horas estipuladas por ley, que son productivos (por que también cobran plus de productividad) y que hacen las horas que cobran.

ciudadana del mundo dijo...

Para El CONTRIBUYENTE
Yo me refería a lo de la jornada laboral, porque no veo a los guardeses quejarse de que los trabajadores del ayuntamiento y los representantes son unos estafadores:
- No cumplir la jornada laboral es una falta muy grave que se castiga con el despido
- Cobrar horas extraordinarias que no haces también es una falta muy grave.
- Los jefes que se hagan los ciegos y sordos, al no controlar el cumplimiento de la jornada laboral de los trabajadores es una falta muy grave.
- Control de los trabajadores en un libro la entrada y salida con la firma es arcaico, estamos en el siglo XXI el control de los trabajadores debe ser por un sistema que controla la entrada y salida a que horas son.
En estos momentos se podía despedir a todos los trabajadores del ayuntamiento por faltas muy graves y a coste 0 y contratar a otros mas eficientes y mejor preparados.

guardesa descontenta dijo...

Para ciudadana del mundo:


Tienes razón, el gran despilfarro que hay en este ayuntamiento, son las 8 y a veces no hay nadie en el ayuntamiento he tenido que esperar hasta las 8:30para ser atendida por una funcionaria borde, antipática y aun escuchar que tengo que esperar (cuando ella no llega a sus horas 1 hora más tarde)
La próxima vez hago una reclamación y su denuncia, porque hay que poner remedio a esto, hay chicos muy preparados en A Guarda que quieren trabajar.

Contribuyente 2 dijo...

Para Ciudadana del mundo:

Tienes razón, los trabajadores del ayuntamiento no cumplen con su jornada laboral y seguron que dicen hacer horas extras que si cobran sin hacer y cobran productividad (no se que producen).
Como se les pueden pagar tanto:
- Por no cumplir su jornada laboral completa.
- Cobrar extras no realizadas.
- La productividad por sin producción.
- No veo el ayuntamiento abierto nuca a las 8 y aun no son las 3 están cerrando. ( podía estar abierto por las tardes 2 días a la semana para hacer las 37,5 horas semanales)
- La policia local por las tardes están en busca y captura y ya no digo de noche, gracias que tenemos La Guardia Civil son pocos para cubrir las 24 horas y un área geográfica tan grande.
- Si muchos son funcionarios, los gobernantes y los de la oposición son funcionarios saben bien de cunato es la jornada laboral de un funcionario y no cumplirla sabe lo que carrea, lo estudiaron para la oposición. ¿POR QUE TODOS SE HACEN LOS SUECOS, DESDE HACE AÑOS? ¿QUE ES ESTO ESTAFA/ROBO/DESCUIDO/…..?.
- Para que necesita una tecnica de empleo el ayuntamiento si hay en A Guarda una oficina del servicio galego de emprego, es para pagar los favores antiguos al papa de la niña ( mujer grandecita)

Torneró dijo...

Canto debate sobre funcionarios, que se 8, 7, 6 ou mil horas! Que estén no concello o tempo que queiran pero que fagan o séu traballo! Ningún goberno municipal meteu en cintura ao que marcha a media mañan cunha carpeta de documentos ds súa xestoría, e iso que chega antes das 8, é o primeiro na porta do Concello pero non pega un sello, anda con papeis dunha banda a outra e non fai ren, pero ahí está é o rei do mambo.
¿Pero, que decir no Miguel? coitado, está esgotado, e somentes ten tempo para falar do neto e dos viaxes a Zaragoza. ¡de que vai falar! ¿Das festas do mont-iño? Fai o Jandara e lojo a Loira, somentes nos queda a Tita e aljun despistado, iso sí que compre as orquestras o Lolillo.

capullo dijo...

O noso concello non funciona despois de pasar por el persoaxes como a Puri, o Fari e fenomenos como a Carlitos e o Escayolas nunha etapa e agora o mestre e o albariño ¡¡sobran cartos públicos para pagar horas extras e productividade. Logo chegas o Concello e falta a mita da xente, pero non importa porque son funcionarios que non funcionan. ¡¡a que sí!!

Anónimo dijo...

Sr. MOSQUITO CAPON:
Perdone o meu atrevemento, pero quixera solicitarlle un favor, colgue na súa páxina o ¡¡informe-comentario-análise, ou panfleto” que o Portavoz do B.N.G pon na súa de maneira pechada (non admitindo comentarios) para que ninguén o poida contradecir sobre o Pleno e os Orzamentos do 2.012
Ata o de agora, tíñamos calado algunhas das súas falcatruadas e tonterias, o úneco no que destaca e que xa ten algúns dos séus cheos ata a gorra, pois as súas intervencións nos plenos, é de carallada. ¿Cando falará con quen debate e deixe de pavonearse con xestos, ademáns e palabrería vacía de contido hacia o público? Así logo non se enteira do que contestan.
Cando queira de falar –facer para él e moito máis difícil- de política que sexa serio e non cause a risa de quen o escoita, incluídos os del. Pero se pensa medrar a costa dos demais, teno moi difícil. ¿alguén dixo no pleno que o séu teléfono que está disposto as 24 horas do día si o Goberno Municipal quer falar con él? ¡¡seguro que ainda non se enteirou que lle dixeron que non!! Tamén hai telefonos de 24 horas nas emerxencias e nas páxinas de placer dos xornáis…SEN COMENTARIOS
Despois dos desplantes e desprezos que lle fixeron o longo da lexislatura pasada, volve as andadas. Porqué non fala dos números que había feito co P.S.O.E. para que o incluiran no Equipo de Goberno, sen importarlle a súa compañeira, tendo él con salario municipal xa lle chegaba, si sobraba algo, bueno…as limosnas tamén contan.
Cada vez que hai unha xuntanza no Concello, ¿por cantas horas pide as certificacións? Iso é seriedade e responsabilidade do Voceiro, con uve pola voz, pero con be pola boca., logo aspira a non chegar a FIGO CHUMBO denantes de tocar poder, de momento, queda como BREVA. O diccionario da varias explicacións, cada quen que escolla a que mellor lle vaia.
RESPONSABLE LOCAL DE CONVERXENCIA GALEGA

PACO JONES dijo...

Vexo que queredes falar sobre os nosos "amados empregados públicos". O outro día meu primo ASTERISCO JONES veu como dous funcionarios municipaís pasaban olimpicamente das peticións de certa autoridade municipal da oposición.

Logo a min faloume da Ley 7/2.007 (EBEP) e do RD 33/1.986, once recollense as faltas disciplinarias dos empregados públicos; aquí presentovós un resumo de certo papel que ASTERISCO JONES fixolle chegar a esta autoridade local (cargo electo), para que non se deixe pisa-los pés.

FALTAS MOI GRAVES (art 95º da EBEP e 6º do RD 33/1.986):
C)Abandono do servicio e non facerse cargo voluntariamente das tarefas que ten encomendadas. (Durante o horario de traballo hai varios empregados que saen a facer cousas e asuntos privados).

D) Adopción de acordos manifestamente ilegaís, que causen perxuizo grave á Administración e ós cidadáns. (Non podo evitar cando leo isto pensar no noso Hermelindo).

FALTAS GRAVES (art 95º da EBEP e 7º do RD 33/1.986):
A) Falta de obediencia debida ós superiores e autoridades. (Destes no concello temos varios, pensan que eles son os amos).

D) Tolerancia dos superiores respecto á comisión de faltas moi graves e gravess dos subordinados. (O alcalde e a Sra. Secretaria que se fan os cegos, xordos,... ata que alguén presente un escrito en Subdelegación do goberno contra eles).

G) Intervir nun procedimento administrativo cando dase algunhas das causas de abstención. (Non podo voltar a pensar en Hermelindo facendo informes favorables sobre os proxectos da oficina técnica da súa familiar).

L) Incumprimento inxustificado da xornada de traballo, que acumulado supoña +10 horas mes. (Neste saco caben +1/2 dos empregados do concello; ¡algúns son tan rápidos que chegan a casa antes da hora de saída!)

O) A grave desconsideración cós administrados. (Falando craro: a mala educación; aquí tamén podemos meter a +1/2 dos empregados; pero especialmente como exemplo temos o cabo da polícia local; buscas nun direccionario a palabra maleducado e aparece a foto del).

P) As accións ou omisións dirixidas a evadi-los sistemas de control de horarios; ou impedir que sexan detectados os incumprimentos. (Lamentablemente despois de gobernos do PP, PSOE e BNG, PP e IU, PSOE,... ningún puxo os medios para o control dos horarios, todos eles baixaronse os pantalóns e calzoncillos ata os tobillos diante dos funcionarios).

Señores lectores, mosquitos diversos e cidadáns en xeral, poden facer con isto un "copia-pega"; para presentar unha queixa no futuro, solicitando a apertura dun expediente sancionador contra Fulano ou Mengana,...aquí eu puxónlles en que basea-la petición da falta cometida polo empregado.

Por un Falta grave poden impoñerlle ata 3 anos de suspensión de emprego e soldo; a reiteración de faltas graves pasa a ser Falta moi grave, e esta pode ir ata a perda do posto de traballo (separación do servicio) ou unha suspensión de emprego e soldo de 3 a 6 anos.

Só hai unha cousa a que lle teñan medo os empregados públicos: un expediente sancionador; eles saben moi ben que no sector privado non son validos para nada.

Sobre Xan Lois, fai honor ó apodo familiar "BREVA"= un figo inmaduro ou o beneficio acadado sen esforzo nin traballo.
Na familia JONES medimos ás persoas polo traballo realizado, o esforzo empregado, a responsabilidade, a madurez, o respeto a palabra dada,... Na nosa escala Xan Lois está na zona baixa do suspenso; para ser un político da confizanza dos JONES tería que variar 180º.

Rematamos e a hora do "Maritrini" dominical.

blancanieves dijo...

Entre asesores jurídicos y analistas políticos llevamos una "calda de tres pares..." aunque no sé quien es la Carlitos ni entiendo lo del nombre, sería bueno que alguien nos informara cuales son sus milagros, porque por lo que se ve y se oye, no deben ser muy bueno, el escayolas, creo que se refieren a uno que ahora montó un negocio o un clube Circunvalación, pero de ese señor tampoco se nada. INFORMARME

aturuxo dijo...

Huuuuuuiiiiiiiiiiii que perigosa estase poñendo a cousa na política local. ¿Como é posibel que o cabeza de lista, portavoz, gaiteiro maior do Reino da Galiza e ave nocturna da Ribeira no o deixen Responsabel Local do B.N.G.? ¿Será que non ten a confianza dos UPgallos? ¿Collerá viaxe cos irmáns ou fará mais Galiza?
AL LORO