viernes, 13 de abril de 2012

AS FALTAS DE RESPECTO...



No último pleno asistimos a un capítulo máis desta comedia de enredos do concello, esta vez protagonizado por un membro do público asistente, quen inferiu insultos e improperios contra unha concelleira do PP, para logo retirarse vertixinosamente escoltada por amizades e prensa para finalmente volver...



Máis alá da vergoña allea que esta situación provoca, xa que faltar o respecto a alguén sexa quen for, deshonra quen o infire e non a quen o recibe, deberiamos falar do contexto desta situación delirante...



1-Incrible e lastimosamente estamos afeitos a que a devandita persoa se manifeste dun modo desituado durante os plenos, xa sexa con insultos ou con xestos pouco afortunados, sen que ninguén lle diga absolutamente nada, nin quen preside o acto como responsable da autoridade neste (se pode facer uso do seu voto de calidade, podería tamén ter calidade no seu cargo), nin ningún dos demais asistentes...



2-Quen dirixe o noso concello e represéntao, cada vez que a devandita señora perde o norte nun pleno, esquece o cargo que ocupa, mira cara a outro lado e cala; non obstante non fai o mesmo con calquera outro asistente que se manifeste de modo impropio...Será acaso que se a saca do pleno, pode ser el quen poida durmir fora de casa????, en calquera caso, pagámoslle para que exerza o seu cargo para con todos por igual, non para que coa súa familia actúe cual cego e cos demais en plan home recio...Sr Freitas, as faltas de respecto son as mesmas infrínxaas quen o faga, non lle ensinaba iso vostede aos seus alumnos??? eu houbese crido que si, pero... "fai o que eu digo e non o que eu fago... "



3-O resto do PSOE, concelleira de muller incluída e profesores, todos mirando cara a outra parte, "coma se tivese pasado un anxo"...non cabe dúbida de que este equipete son a mellor proba de que Deus ten un gran sentido do humor ao permitirlles sentarse onde están...

Din que a espontaneidade xorde do costume, que orixina un modo natural ou propio de comportarse. Se un ten o hábito de respectar, o respecto sairalle espontáneo, se non é así, maniféstase como nestes casos...e penosamente o PSOE tennos afeitos ás faltas de respecto....


4-Cabe aclarar neste punto que faltar o respecto, non é soamente insultar, senón tamén obviar ao outro, ningunear o illalo, menosprezalo, etc, e de todo isto, os 4 Fantásticos saben e moito....Din que... "Se discutes moito para probar a túa sabedoría, pronto probarás a túa ignorancia. "



5-No que respecta aos concelleiros do BNG, seguen actuando incoherentemente coma sempre. Presentan manifestos en favor dos dereitos da muller e logo teñen miopía repentina cando estes se vulneran. Poderían dicir cousas interesantes se dixesen o contrario do que pensan...



6-A concelleira de CG mentres tanto, pensando no prezo dos percebes en lonxa....é que tampouco puido ser solidaria cunha concelleira coma ela????

7- Pero o máis grave e insólito foi a actitude do propio PPconcediputeada incluída...NINGUÉN  dixo nin fixo nada, necesitaron máis dunha semana e a misa de Pascua de Resurrección para decatarse de que lle faltaran o respecto, e de que a quen lle correspondía actuar (Sr Alcalde), non fixera nada nin como autoridade nin de modo persoal, xa que como era a súa dona, aínda que máis non fose pedir desculpas no seu nome...

Se deste modo actúan para con eles mesmos, prefiro non imaxinar se ofendesen a outro...a incapacidade chega a tal punto que o Súperman veterinario só quedou en Clark Kent e tampouco fixo nada....


8-En tanto aos representantes dos outros partidos políticos presentes en medio do público, deben aínda hoxe estar a pensar que é o que pasou, nin se decataron do tema...siguen de fotógrafos frustrados xogando a ser políticos.... hai os que son máis simples que o mecanismo dun chupete...



9- Finalmente aclarar que se este mosquito non saíu antes a escribir sobre este tema é soamente porque quixen observar ata que punto hai os que están tan afeitos a vivir cotiamente coa violencia, verbal ou non, que nin sequera a detectan cando ocorre...e moito menos aínda se defenden ou defenden a outros ante ela...SOLIDARIOS??? Para que???

Lamentablemente todo isto sentou o precedente para que calquera poida asistir a un pleno e insultar a quen desexe, si a alcaldesa consorte o fixo en máis dunha oportunidade, e non pasou nada, calquera de nós tamén pode e tampouco acontecerá nada...son eles os que dan o exemplo ou non???


Calquera persoa posúe unha dignidade polo feito de ser persoa. Algunhas persoas merecen un respecto maior debido a unha dignidade superior, os pais, os anciáns, as autoridades, etc., pero neste caso a dignidade non aparece por ningunha parte, alguén a terá roubado???




A boca fala do que está cheo o corazón.
Proverbios 26.





20 comentarios:

juardesa enfadada dijo...

íame faltar a min quen fose, todavía estáballe comendo os fíjados, pero coma sempre naide di nada, nin a rubita sabe defenderse a si mesma cómo nos ha de defender a nos

Dende o Muro de Berlín dijo...

o noso ilustrísimo non poder nin piar que si non bótanno fora da porta, a alcaldesa consorte dí o que quer pero dende fai moito tempo, xa dende Riego, e entón tampouco ninguén dicía nada, aquí todos están moi preocupados por levar cartos para casa pero nin con eses cartos compran educación

canarias por siempre dijo...

estos del gobierno son un caso, pasan de protagonizar canciones de Pimpinela a cantar chirigotas pero de poco nivel, anda ya, que les den

cabestro consentido dijo...

coitado do noso fantástico maior, coa bultuntún que ten que aturar, el ten obrigación pero os demáis non, que a deixe na casa e fora

morenaza dijo...

a rubita tivo que desenmarañar os rizos para decatarse do que lle dixeron e por iso demorou tanto en responder

Pamplinera dijo...

Si o feito e deplorable, mais grave é a actitude "alfombreira" do plumullas que saíu correndo detrás da muller do alcalde acompañado da nosa Marina. ¡iso si foi un espectáculo na praza do reló e non o chou do pleno.Din que para o próximo, van vender entradas os dos bares dos arredores, somentes falta escoller a música, seguro que de Pimpinela.

o lado oscuro dijo...

Estoy de acurdo con lo que dices, yo estaba presente, y la verdad, pensé que el trio La,La,La, iba a sacar la cámara y dejar testimonio de este acto tan importante, pero al ser viernes, la Carlitos venía relajada de Goian y no encontró la cámara y la ayuda del Escayolas llegó tarde, la de rojo que estaba a su lado, ni se inmutó, debía ser que no entendía el gallego o es sorda, y solo escucha lo que le cuenta un vecino de Oya. Van al pleno para escuchar, porque cuando eran concejales no decían ni pio.

o curuto di dijo...

tarde ou cedo a carlona deu a nota, era de esperar

yo mismo 1º dijo...

Es aberrante, estar a discutir o hablar de la 1º dama del pueblo, si en la guardia hay temas mucho mas importantes, CASO BAIXO MURO (VALENTÍN GONZALEZ GONZALEZ "BOMBONA")QUE NECESITA UNA RAMPA DE ACCESO Y EL AYUNTAMIENTO SE LA NIEGA, IGNORANDO LA LEY DE BARRERAS ARQUITECTÓNICAS.

ZZZ MOSQUITO CAPÓN dijo...

estimado amigo "yo mismo 1º" de tui, sei que o de o bombona é moi importante pero detrás del está un ex-concelleiro levando o tema e ti que o axudas, creo está en boas mans...imos esperar a ver se é así ou non...pero iso lle afecta a unha familia mentras que o da alcaldesa consorte énchenos de vergoña a todos os que asistimos aos plenos

PACO JONES dijo...

¿Qué pasa aquí?; recen chegamos das vacacións e atopamos todo revolto.

Decides que a Dona do noso alcalde insultou no pleno á Sra. Concelleira portavoz do PP. Lamentable, que ningún concelleiro ou concelleira saira na defensa da Sra. Concelleira maís lamentable pois non entenden que a ofensa vai dirixida ó cargo.

O pior de todo é que o Sr. Alcalde non emitise no momento, ou non o fixese a día de hoxe; unha nota de reprobación polo sucedido. Debería de actuar con dureza e emitir cara ó público un comunicado non aprobando a actitude da súa Dona.

Lembralle que ante todo é o Alcalde de tódolos cidadáns e debe facer respeta-la honorabilidade dos membros da Corporación; con maís razón cando o acto foi realizado pola súa dona; de non facelo, mostra que para él e o PSOE existen dúas varas de medir; por un lado están eles e logo o resto, que non merecemos respeto.

Igual de asqueroso e noxento tamén foi a actuación da Entidade Local de Camposancos pegando na porta da residencia dunha veciña un comunicado, para que todo o mundo vexa que ten débedas coa Entidade.

Sres. da Entidade Local para iso hai unha serie de procedementos administrativos a seguir; pero o que vostedes fixeron é ademáis de ilegal un acto de escarnio.

Recordarlles a todos que o artigo 208º do Código Penal tipifica o delito de INXURIA: a acción ou expresión que lesiona a dignidade dunha persoa, menoscabando a súa fama; ademáis de ser feita có agravante de face-la con publicidade.

¿Qué lle pasa o PSOE perdou o respeto, a educación, os bós modaís,..?

Finalmente imos a deixar crara dúas cousas que normalmente a xente confunde: o perdón e as desculpas.

Cando ofendemos a unha persoa, podemos pedirlle perdón ou ofrecerlle as nosas desculpas. Pola mesma acción: o perdón pídese ou as desculpas ofrecense.

A finada da miña avoa Adelaida sempre decía: "a educación e os bós modaís entran polas portas principaís"; ¡¡Reflexionen Sres. do PSOE!!.

batueco dijo...

El PSOE no perdió nada amigo Jones, no se puede perder lo que no se tiene, estos señores (por ser educado)precisan ser desbastados para parecer personas, no se pueden permitir faltas de respeto, menos aún en el concello, y muchísimo menos todavía a una concejala.

Julia da Vila dijo...

Querido Mosquito, es vox populi que esta gente no puede andar de otro modo por la vida, solo saben mentir y faltar el respeto, están tan acostumbrados a esos modos que ya no lo notan.
Te agradezco como partidaria del PP que hayas salido en favor de nuestra concejala, eres muy duro con nosotros, pero en esta ocasión la defendiste.

Paca Eggs dijo...

Amigo Mosqui, contigo llegó el escándalo, y la hecatombe final en el momento en que te salió pareja con el Paco Jones. Lo de la Señora Consuerte no es de ahora, ya hace tiempo ella y la nosa Marina, ponían a caldo a todo aquel que hablara en los plenos y no fueran sus chefs. Lo que no entiendo es como los concejales de la oposición no se levantaron y se fueron. Los insultos fueron al cargo de concejal, no a una representante de un partido. Bueno entre tener el teléfono operativo e vender fanecas, los otros portavoces ni se enteraron. Por cierto, ¿alguien vió reflejado en el diario alguna nota informativa por parte del corresponsal que salió corriendo detrás de la Consuerte? Otro impresentable más.

zzz...paff dijo...

Nestes intres hai outra información tanto ou máis importante que a da Dona, e é o Lolillo alias Lambadas, que non ten nada que ver ca Comisión de Festas do Monte 2012, levando recado por todolos bares e restaurantes da Ribeira, para que acudan a unha xuntanza no Centro Cultural o xoves as oito. ¡Si chega a ter que ver ca festa, non soio ía gañar cartos cas orquestras, iluminación, megafonía, carpa e fogos! ¡¡Iso é un negocio e o resto pura danza!! Os que terminaremos bailando seremos os guadeses co calote que vai quedar. Para mostra un feixe de botóns: Os seguros na alameda, a festa do Corpus, o Supermercado, os bocatas en Fernández Albor, os alugueres e veda de terreos e pisos, as Festas do Carnavales, e de postre o negocio co portugués arransando cos pinos da Comunidade de Montes e dos veciños. Por iso, "o da Dulcísima, for President" Sigue así, que pronto Atila será un alevin a túa veira.

PACO JONES dijo...

Queridos lectores.

Estou plenamente de acordo coa Sra. Paca Eggs, os inultos foron dirixidos á persoa que ostenta ó cargo de concelleira (ademáis nesta persoa tamén ostenta o cargo de deputada); polo cal os insultos revesten máis gravidade.

Sra. Julia da Vila nestes intres os meus repetos para tódolos cargos e militantes do PP da Guarda. A mala educación debería estar fóra de lugar, pero xa vemos que temos unha laboura educativa que facer, aínda que temo que vai resultar díficil con certas persoas, ¡¡moi díficil!!

Convidolles ós concelleiros da oposición (PP, BNG e CG) a que fagan unha proposta ou iniciativa conxunta para o vindiero pleno ordinario; onde o Sr. Alcalde exprese públicamente a súa petición de perdón polo acontecido, e ofreza unhas disculpas polo acontecido, e na mesma nota reprobe a actitude publica da súa Dona, convidandolla a actuar cóa debida educación e respeto a tódolos membros da Corporación Municipal.

Evidentemente que a citada nota sexa publicada en diferentes medios de prensa.

Lembro algúns plenos onde o Sr. Borrajo facía resalta-la súa condición de deputado para esixir maís respeto á súa persoa e ó resto dos concelleiros da oposición. ¿Xa esqueceron isto os membros do PSOE?

Bili o Neno dijo...

Sr. Julia da Vila:
Con todos mis respectos, no deseo ofenderla, pero el Sr. Mosqui simplemente actúa con sentido común, como deberíamos hacer todos, y dejarnos de tanto politiqueo, que por esa causa estamos metidos en esta puñetera crisis. Creo que si tan duro es con vosotros será por que lo merecéis, en su defensa también que por lo que puedo leer es duro con todos aquellos que no hacen bien las cosas, sea del partido que sea. Y todos deberíamos ser así, personalmente no concibo que una persona pertenezca a un partido político, este es nuestro peor mal y razón por la que estamos en esta situación. Bastaría con echar un vistazo a los Islandeses para ver como han resuelto esta crisis. Allí la están pagando los políticos y banqueros por que el pueblo se ha revelado, aquí no, yo soy del PP o del PSOE, BNG etc. y apechugamos los defendemos y ellos saben que cuando lleguen las elecciones el 80% de los votos los tienen seguros, nos utilizan como corderos. Pues la crisis que la paguen ellos y sus afiliados o la gente que como usted se identifica con cual o tal partido político.
Julia mi recomendación, no los defienda que ellos a nosotros no lo hacen.

Paca Eggs dijo...

Sr. Paco Jones: Al leer tu nota, me trae a la memoria los discursos y las disculpas de estos días de S.M. el Rey. Menos mal que ya pasó la Semana Santa, tiempo de penitencia y perdón. Estoy "abraiada" de esta situación. Considero que ahora ya es tarde, pero lo normal, hubiera sido en el momento de los acontecimientos y si el Sr. Alcalde y sus acólitos no reaccionaba, lo normal hubiera sido, que los concejales de la oposición se hubieran marchado, eso sí que el popular y conocido Plumillas hubiera sacado una nota en el diario que regalan por los negocios, porque no consigue que se venda ninguno, porque todo el mundo sabe que es la voz de su AMO.

tiquismiquis dijo...

Señor, Señora, o lo que sea, ¿porque no monta un negocio de anuncios para mantener esta página como hace el corresponsal que nombran en los comentarios anteriores? ¡No sería mala idea! eso sí, sin posicionarse a favor del Gobierno Municipal como hace el referido periodista y fotógrafo frustrado del Suroeste!

manda eggs dijo...

Manda truco en La Habana, el Ejercito de Liberación del Pp, se lanzó a saco a por las fiestas, en la alameda Lolillo, en Salcidos, los Gamelas y en la Guia, el Bixu, solo falta que tambien cojan San Cayetano y las del Puerto. Dieron orden de formar y al asalto y así montarán varias gaiteriradas, luego ya veremos quien paga, como casi siempre, xan pueblo