martes, 21 de agosto de 2012

O PROFE E O VIÑO...

Dixen que neste domingo do Monte acontecera algo bastante desagradable, por non dicir aberrante, que merecía un artigo aparte e eiquí está....


Os que vivimos dende hai tantos anos esta fermosa festa como algo irrepetible, singular, típico, propio do noso pobo, e por sobre todas as cousas FAMILIAR, non podiamos case nin pestanexar ao ver fotografada a paradoxal situación dun "profesor dando viño a un menor".......pero se a iso lle sumamos que é un dos nosos concelleiros locais, o cheiro que emana é aínda peor....non é cheiro, o tufo apesta....

O personaxe en cuestión, en anteriores edicións desta festa mantivérase á marxe da xura, tocando a súa gaita, pero nesta ocasión, sufriu un repentino ataque de solidariedade cara aos membros da súa banda e puxo mans á obra levantando o garrafón...,   
cabería preguntarnos se a forza do sol do mediodía lle fixo perder o sentido ata tal punto que non mirou a quen daba a xurar con viño.... ou quizais as emanacións etílicas do don de Baco foron tan intensas que o marearon sen probalo.... quizais tamén o ámbito provocou no noso edil un dejavú que o fixo situarse por uns instantes nas festas celtas onde se consumían cantidades colosais de bebidas alcohólicas e de comida, cun importante valor para manter a cohesión social da comunidade celta de entón....(léase, intentar incrementar votos na actualidade)...

En fin por un motivo ou outro, o certo e innegable, por estar plasmado en fotografías publicadas en internet, é que todo un "profesional" da educación caeu na mestura da letra da canción dos celtas cortos....Una cousa é o viño e outra cousa é o amor Pero se xuntas as dúas, nace o amor polo viño. .. nalgúns como neste caso, ese amor parece ser tan profundo que enturba o seu raciocinio.....

Outras bandas tamén fixeron xurar aos seus nenos, pero a pesar de non estar ningún deles relacionados coa educación, nin preparados como o noso edil en pedagoxía e psicoloxía infantil, todos e cada un foron o suficientemente pensantes como para tapar o pico da botella e que os nenos non tomasen nada e algúns só manchábanos coa man....

Cabe aquí preguntarnos que facían ante esta imaxe os adultos circundantes...? e os pais do menor....?, pobriño se se lle ve unha cara de pánico na foto antes de xurar que dan ganas de saír na sua defensa....

A miña reflexión agora é.... a partir desa crucial imaxe que quedará gravada na miña retina ata a festa do monte 2013...cómo poderei asistir a partir de agora aos plenos do noso concello e ver o edil mencionado sen que a súa imaxe sen gaita e con garrafón non se me apareza...???

Será capaz de criticar alguén máis nos plenos sen que lle respondan con esta "anécdota" na que é o protagonista de terror...???

Calará o seu partido ante o innegable...ou tomará medidas....???

Estará en condicións morais de tomar decisións no concello....???

Poderá mirar á cara aos seus alumnos en setembro e dicirlles que o alcohol é prexudicial para a saúde dos menores...sen que rían na súa cara...???

Se cunha cámara fotográfica diante se permite ter esta actitude....sinon a houbese que faría...???

Din que a súa aspiración era ser deputado....visto o visto...o vexo máis apto para ser dirixente do botellón da alameda....

O meu humilde consello señor concelleiro do BNG da Guarda..., toque a súa gaita..., que o fai moi ben segundo din..., e deixe o resto para quen teña un criterio moral que vostede parece ter perdido....recorde, é unha persoa pública que se supón debe dar e ser exemplo....pero non disto ...


31 comentarios:

o fillo da miña nai dijo...

este "individuo" non pode ser exemplo nin para o meu can, cando mais concelleiro e profesor, como se nota que non tes fillos xanciño

rosalía da aldea dijo...

Xan vai coller leña ó monte,
Xan vai a compoñer cestos,
Xan vai a poda-las viñas,
Xan vai a apaña-lo esterco,
e leva o fol ó muíño,
e trai o estrume ó cortello,
e vai á fonte por augua,
e vai a misa cos nenos,
e fai o leito i o caldo...
Xan, en fin, é un Xan compreto,
desos que a cada muller
lle conviña un polo menos.
Pero cando un busca un Xan,
casi sempre atopa un Pedro.

Rosalía de Castro

PACO JONES dijo...

Meus queridos amigos; lembro que certo ex-concelleiro do BNG (Sr. Torrón) tiña a "debilidade persoal" de na hora do café, tomar un par de copas e xogar ó dominó con coñecidos concelleiros do PP (Sr. Rolán e Ligero). Pero a cousa acontecia dentro dun local, e era entre persoas adultas.

Todos temos as nosas "debilidades persoaís", pero temos que exerce-las como adultos e con responsabilidade. Por moito menos que a acción que vemos nestas fotos, o Sr. torrón foi "convidado" con malas artes a abandona-lo BNG, ó seu derredor fixoselle un valeiro social moi típico dunha actidude inquisitorial.

Por desgracia, pouco despois finaba nun accidente de coche; pero hai persoas na Guarda que consideramos que "etica e moralmente" neste suceso houbo responsabilidades dentro do BNG.

Todos temos certas "debilidades humanas", pero certas persoas necesitan o apoio e solidaridade de amigos, veciños e coñecidos para abandonalas, reducilas,... e non ser tratados como lixo. Hai veciños e asociacións que fan unha laboura social de apoio a ex-toxicomanos, drogodependentes, alcohólicos, ludopatas,... e voste Sr. Lomba fai todo o contrario, proselitismo a favor do consumo de alcohol entre menores. No meu entender non lle fai ningún favor á nosa sociedade.

Debería Sr. Lomba e o BNG reflexionar sobre o acontecido; non cometer erros do pasado, pero si ser consecuentes có proclamado en público. Creo que vostede por iniciativa propia debería de porlle fin a súa etapa de concelleiro na Coprporación da Guarda.

BeBe agua hijo que .... dijo...

Xan, la noche es joven y hay que darle un trago, pero tu hombre ya no eres joven.
Xan, a ti el vino y el día te confunde. Ahora entiendo muchas cosas, siempre estabas en presentaciones, inauguraciones, celebraciones de cualquier índole, donde había copas con aperitivos (tu nombre el 1º de la lista aunque no estuvieras invitado).

Ha este burraco, el vino y la fiesta le confunde y mucho, lo peor es ser educador infantil no saber comportarse en publico y perder los papeles delante del pueblo y con un niño (haya este bebido o no vino) ofrecerlo ya es un gran error.

Gracias a la diarrea de Xanciño, podemos tirar una lección para poner y mejorar para las próximas fiestas TODOS LOS MENORES JURARAN CON GARRAFONES CON REFRESCOS DE NARANJA O LIMÓN. Así evitar errores y denuncias que puedan llegar a prohibir las fiestas por consentir estas escenas.

Ahora Xan la fiesta y vacaciones se acabaron, reflexiona y el único acto valiente, educativo y hombría para la juventud de nuestro pueblo y en general es dimitir como concejal y tú sueño de ser un día político profesional y vivir de ello bien, ese sueño se evaporo con los vapores del vino recio de la fiesta. Todo ello te va hacer un hombre ya tienes casi los cuarenta.

Anónimo dijo...

Eu teño unha foto igualiña e no mesmo reportaxe aparecen outros nenos na mesma pose. Tamén teño unha foto apuntando cun cañón dos do castro de Vigoe non por iso lle estou dicindo que hai que andar por ahí a cañonazos. Agora, que se se quere liar a cousa que se líe. Haberá que prohibir aos nenos ir á Festa do Monte.

Ribadavila independiente xa dijo...

Querido mosquito capón:

En esta sociedad que nos a tocado vivir, a mi entender, es moralmente muy hipócrita. Diría que es una sociedad como aquella Victorino del siglo XIX. , donde todos nos comportamos como Dr. Jekyll y Mr. Hyde.
Vivimos en una sociedad donde todo el mundo muestra y se le exige ser políticamente correcto, yo diría que hiperpoliticamente correcto.
El problema se presenta cuando se nos cae la máscara y nos mostramos tal como realmente somos.
Eso sucede no solo en fiestas como la del monte sino sobre todo en actos deportivos , sobre todo en el fútbol, donde ves personas que en su vida diaria son políticamente muy correctos, amables y educados comportarse como auténticos energúmenos.
Xan debería pedir publicas disculpas así como a los padres pedirles un poco más de sentido común. No dejar que los niños y jóvenes participen en estos actos.
Que fina es la capa de barniz cultural que nos cubre que apoco que rasquemos asoma el monstruo que llevamos dentro.

Xan Xirolín, cuidado con el vinín dijo...

Lo tengo claro, a mi niño lo llevo a la privada, no sea que le toque como profe el Juan Luís, y me lo eche a perder. ¡Os imaginais que me convenza al niño y en vez de seguir con piano en el conservatorio, se dedique a tocar la gaita (en solitario)!
¡No! bajo ningún concepto, seguro que se toma una melopea de tinto barrantes, no quiere hacer la Primera Comunión de marinerito español, y se pelea por un disfraz de tamborilero, para tocarme las pieles, eso y además en vez de host…recibirá cotos redondos, o como mínimo moletes de pan do Porriño.
Tienen razón los que hablan de los ojos del Maestro Breva, son de alucine, seguro que no es solo el vino, seguro que las burbujas de la Flor del Rosal están haciendo efecto.
Dicen que están recogiendo firmas (él dice sinaturas), para dirigirse a las mas altas instancias y lo nombran Santo Patrón del Botellón, están estudiando en que lugar de la Alameda ponen su estatua y que día se celebra su fiesta, pero aunque unos quieren el domingo del monte, otros proponen dedicarle todos los sábados del año y montar un chiringo, que en este caso sería un lagar-capela en un terreiro para sacarlo en procesión, preferentemente después de los Plenos para que después del debate, su colega reparta y se toque la pandereta (como dicen algunos) en el Monte, no sabemos si en el Torroso o en el de Venus. Pero, ¡¡la romería, Vaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa!

Dende a Peña do Incienso dijo...

O CABAZO DO XANCIÑO
Amigo Mosqui, xa era hora de que alguén tomara unha decisión valente, non se pode permitir que se emborrache aos críos e ainda por riba, algún o use como pantalla electoral. ¡¡menudo exemplo o do Mestre-portavoz!! Quen queira comprobar os efectos do viño, que mire ben para os ollos do Xanciño, ten polo menos no depósito unha ola de viño, (das de antes, das de 18 litros, que no caso del, é de 98 octanos)
Cunha honrrosa excepción, a representación histórica do VENEJA, no noso pobo, pasa por facer un recordo do antecesor deste, si este é Xanciño, o outro era Cándido, estaba Verde e por riba de todo era un Andrés. ¡¡inmellorable!! Xa non falo da do nome monárquico MARIA LAS MERCEDES.
O viño, era miña nai o viño, era o viño que neste caso DESPISTABA, co ben que toca a gaita, con estas fotos de D. Antonio, o que fixeron foi tocarlle os coll…. Solo faltaba a Concelleira tocando a “pandereta” ou repartindo a súa empanada…. Ai, miña nai era o viño. ¡¡Soio faltou que de remate o noso Xanciño, aliviara tanques etílicos ou culeros nunha casa celta e tamén o retrataran. ¡¡Claro como no VENEJA non consumen productos americanos, non podía darlle coca-cola, ainda que él en Irlanda, papaba hamburguesas super-grandes con moita mostaza!!

Chaira mal dijo...

Creo que es un hecho lamentable por tratarse de una persona pública, Concejal, profesor, etc. pero el problema de esto radica en lo desvirtuado que se encuentra la Fiesta del Monte desde hace un montón de años. Esta generación ha vivido esta situación desde niñez y ese día todo vale, y si el hombre de la casa hace eso en presencia de niños que esperamos en el futuro.
Así se pueden mencionar muchísimas más cosas de las Fiestas del Monte. Lamentablemente nadie, más bien poca gente, sabe por que causa fueron creadas y como se celebraban. Si la Sociedad Pro-Monte levantase cabeza las radicaría, ya que el motivo de la fiesta era que la gente de la Villa y comarca subiesen un día al monte para ver las obras y hallazgos arqueológicos, hoy en día, Patrimonio artístico, y que no se respectan. Se clavan hierros en las proximidades y en los propios muros, no se respectan las zonas aisladas etc. esto con consecuencia provoca una erosión, que en otra cantidad de años la mayor parte del poblado no existirá, no es una piedra hoy, es mañana otra y pasado otra, la suma de años…
Llevo años escuchando “a xura do viño” y años preguntando que es eso, que significado tiene, sigo sin escuchar respuestas… luego nos quejamos que llaman a nuestras fiestas “a festa do viño”…normal.
Lamentable, ver el domingo a las dos de la tarde todavía algunas bandas en la A Lameda de A Guarda sin subir para el monte, sabrán que se trata de una romería de casi 100 años, que se trata de un xantar a la una del mediodía, entiendo que hoy en día es temprano, pero podemos hablar de las 2 de la tarde, como hace la mayoría de los que subimos.
Por último, alguien subió al día siguiente al monte. Uno siente vergüenza cuando ve y se encuentra el estado lamentable en que aquello queda, parece que existiese allí una batalla, contenedores vacíos y toneladas de basura por todos los lados, una imagen lamentable y vergonzosa, que pensaran de nosotros los turistas que nos visitan esos días posteriores, sin olvidar que somos el segundo lugar más visitado de Galicia, ¿Qué cuidamos así nuestro Patrimonio Artístico?, señores reflexionemos…¿Qué es cultura?

ciudadana del mundo dijo...

Xan, Xan que el vino nos hace perder la inhibición, lucidez y fomenta situaciones pintorescas, surrealistas y extremas como estas fotos: donde el estado de alcoholemia de un concejal que su profesión es educador infantil de nuestros hijos (dudo de su vocación a lo visto), es algo vomitivo. Cuando le pase la reseca y le hagan ver las fotos, que tenga la hombría para pedir disculpas y dimitir de su cargo de concejal, su sueño ser político se evaporo porque esta situación será pasado, presente y futuro en su vida, porque nadie que lo haya presenciado en situ o visto las fotos se va a olvidar.

Sarita la guapita dijo...

Xan por una causa física, no personal o religiosa, cada vez que uno escupe hacia arriba le cae en la propia cara, este ha sido tu caso, tus compañeros de partido así lo comentan en cuanta cafetería pisan, esperemos que por tu bien tu destino sea diferente en lo personal.
Pero en todo caso, tu final político debería ser el mismo que el de tu antecesor, LA DIMISIÓN

anónimo da juarda dijo...

Os da peña do incienso están moi ben informados sempre, será que teñen bendición eclesiástica cercana?
En todo caso o noso Xan debería ser outro dos dese autobús que din que vai para Goián ao loqueiro, senón non ten explicación algunha o que fixo con ese crío.
No partido do Biancabarba teñen unha plaxiadora, un perdedor de xuizos, unha Carlitos, un xeral e mais especímenes.
No BNG a este Xanciño que non acaba de ser Xan a pesar de que xa ha de tener canas hasta no cu..ello.
Fáltanos ter claro có que conta o PSOE e CG., cóntanos Mosquito.

ZZZ MOSQUITO CAPÓN dijo...

Paréceme amigo anónimo da Juarda que te estás esquecendo do PP, será casualidade ou partidismo...???

PACO JONES dijo...

Dentro duns días serán as Festas da Virxen do Alivio, certos lectores do mosquito residentes no Seixo para curarse en saúde, xa están a poñe-la tirita antes de face-la ferida.

Despois de ollar estas fotos, leer estes comentarios e escoitar a veciños da Guarda,... certos ahegados, moi próximos a Sandra están facendo circular como exemplo a evitar o do "compañeiro Xan Lois".

O consello que se da é: moderación, moderaçao, coidadiño có viño, se bebes non conduzas e moitos menos faite fotos,... a pesares destes consellos algúns destes achegados non poden (ou non queren) evitar un soriso gracioso polo acontecido ó "compañeiro Xan Lois", pois polas terras do Seixo, Figueiro, Taborda, Amorín,... o nosos "comapñeiro Xan Lois" non é persoa simpática, nin grata, nin querida,...

De momento os compañeiros rosaleiros e oienses, non saben do tema, non opinan,... ¡algún ata insúa unha manipulación das fotos, froita dunha conspiracón xudeo-masónica-españolista!

Estou de acordo con certos comentarios sobre como maltratamos o noso patrimonio. Non me imaxino ós madrileños, nin turistas mexar contra os cuadros do museo do Prado. Necesitamos un avence cultural-social-educativo,... pero con exemplos como o deste mestre, non podemos esperar avances.

dende o trega dijo...

eu tamen vin as fotos esas de internete, e pareceume que ese mestre tamen lle esta dar de vever a mais xente, o caso e se e normal que un concelleiro faga isto ( por muito que sexan as festas do pobo), ¿¿tadicion??, non sei eu non recordo que o meu pai me contase tal feito. o caso e que por mui liberal que se sexa mon se lle pode permitir XAN DIMITA USTED DE UNHA VEZ POR TODAS, e non engane a ninguen

Necio-nalista dijo...

¡¡DEUS NOS COLLA CONFESADOS!!
Onte e hoxe entrei na túa páxina e todo é unha guerra contra o noso Xan, non vou decir que fixo ben, pero habería que facerlle chegar esta mesma queixa a moitas das bandas, -non todas, xa que está contrastado que algunha leva refresco no garrafón dos peques- isto non o exime de pecado, xa que no séu caso, o efecto é múltiple, pois ten os agravantes de ser Mestre e Representante Político. Non sirve –como cacareaba algún dos séus colegas co albariño diante na barra dún bar- que un día é un día, e máis na Festa do Monte. (un día o ano non fai dano) iso non pode servir de escusa. O chollo estivo mal, e debera disculparse, é quen é e ten unhas obrigacións, pero alá él. Que quede claro que os demais partidos políticos teñen a liberdade de facer uso do asunto cando lles pete, ¿ou non? Sempre me queda unha dúbida, ¿si fora outro/a o concelleiro/a diría algo o Xan e o partido ou sería cousa da festa? ¡non creo que fora unha anécdota máis das moitas que pasan no Monte como decía o colega entre grolo e grolo! Dín que cando toca, toca, e si molesta, pica e escoce, hai que buscar pronto un remedio, pois as alerxías son graves e cando se manteñen moito no tempo, logo hai que aumentala dose e senón rañarse.

Juardés pocas puljas dijo...

Dixéronme que o noso mestre-concelleiro xa prepaou unha excursión para os nenos no mes de setembro, aproveitando que ven a vendimia a excursión será La Val, O Aforado, Terras Gauda, Quinta Couselo, Tollodouro, Val Miñor, Lagar de Cerveira, todas con cata, rematando no porto na terraza ilegal do seu amigo.

Anónimo dijo...

Abocaxarro

Non só hai que cebarse no que fixo Xan, pois se partimos que o que realiza a reportaxe fotográfica non é da súa mesma idea política o resultado pode ser que sexa con intención. É máis, o que fai a reportaxe pasada uns días no seu mesma web tamén aparece unha fotografía súa e ben manchado de viño. ¡Que tampouco dá moito exemplo! ¡E tamén é mestre! Con isto non quero dicir que o de Xan sexa correcto. Non pretendo defender nin atacar a ninguén, pero… Parece que ten máis forza o que fixo Xan na “xura” que o que puideron facer centos de persoas e que non son criticadas igualmente. E aínda que Xan sexa unha persoa pública, concelleira e profesor o resto tamén teñen que dar exemplo, e iso por desgraza non pasa. O pensamento é que: “estamos en festas e todo vale” e non pode ser.
Que por isto Xan teña que dimitir paréceme unha “chorada” pois nesta país hai outros con cousas moooito máis graves e non o fan, nin o farán.
Do mesma reportaxe fotográfica que se saca a foto destes comentarios, hai outras que tamén merecen a súa critica e non quedan atrás aínda que sexa outra a razón. Podemos ver como varias persoas están subidas ao “Púlpito” ondeando as bandeiras das bandas mariñeiras tocando o bombo e a gaita (fotos 270, 161). Pódense ver toldos suxeitos no chan preto de casetas (foto 233) persoas a comer nas “casetas celtas”. O mesmo que fai a reportaxe fotográfica ten unha foto familiar con mantel preparado para comer dentro dunha caseta celta (237 e 240) Hai outras, subidas a “os cruceiros”, manchando con viño o “Obelisco” ¡todo un detalle en coidar o patrimonio! E o da reportaxe nin mu. ¿Todo vale nesta festa? Eu penso que non.
O día seguinte da subida ao Monte, unha persoa que estaba de paso na Guarda subiu ao Monte díxome que estaba moi sucio, eu comentáballe e explicáballe que houbese unha “festa” pero a esa persoa iso non lle importaba, o recordo que levaba era que estaba “moi sucio”. Iso é o que ofrecemos. E así nos vai. E o grave é que vai para peor.

Aguas de Santa Tecla dijo...

MOSQUTO gracias por este capítulo que ya estaba ansiosa por leerlo y también a PACO JONES, porque consideraba que era perder el tiempo ver los reportajes de esa Web esta vez ha dando un gran fruto. Xanciño ahora sabemos tu gusto cuando tocas la gaita por la canción “EL VINO DE ASUNCIÓN”

El vino que vende Asunción, ni es blanco, ni es tinto, ni tiene color. (bis)
¡Asunción!, ¡Asunción!, saca media de vino a cañón. (bis)
Cuando yo me muera tengo ya dispuesto en el testamento que me han de enterrar, en una bodega, al pie de una cuba, con un grano de uva en el paladar. (bis)
A mi me gusta el pin, piribi, pin, pin, de la bota empinar, parara, pan, pan,
con el pin, piriri, pin, pin, con el pan, parara, pan, pan,
al que no le gusta el vino, es por no pagar, o no tiene un real.

Ahora, XAN hace días que no se le ve por el pueblo, estará tan avergonzado por su gran hazaña en la Fiesta del Monte o estará e preparar el pregón para las FIESTAS DEL VINO DEL ROSAL 2013 para así publicitar el vino a los jóvenes.

Guardesa desde Madrid dijo...

Desde hace muchos años tengo vergüenza de LA FIESTA DEL MONTE, y viviendo fuera no hago publicidad de ella, porque lo del domingo es algo aberragante ver gente alcoholizada, chicas con los pechos al aire, gente orinando en cualquier lado, basura por todos el monte, gente comiendo, montando chiringuito en el poblado sobre el poblado celta. La gente le llama esto fiesta, dudo hace casi 100 años la fiesta fuera así.

Espero que en su centenario que Os Guardeses hacen reflexión, siendo más cívicos y respetuosos con nuestros bienes culturales:
1- Zona para comer zona de la Casa Forestal y cerca del vía cruces,.. (con mesesas y toldos, como se hace en el puerto.
2- Prohibir el estacionamiento en el monte, sólo en las zonas habilitadas
3- WC portátiles.
4- Uso refrescos para usar en la jura de las bandas para los menores, así se evita fotos como esta.


Para algún nacionalista que ha escrito esto no es para pedir la dimisión de Xanciño: 1º Xanciño nunca será Xan por ser aun muy niño y 2º yo que lo conozco bien desde hace años por ser familiar de él siempre esta a pedir la dimisión de otros políticos de otros partidos por malversación del dinero publico, hacer lo que prometen,…
Ahora no es Xan a pedir la dimisión, somos los Guardeses y mañana tu partido.Todo cazurro debe aprender de sus errores.

Lamina dijo...

Con tódolos meus respetos (e xa me contradigo na primeira frase) ¡¡PERO QUE LERDOS QUE SONDES!!

Deduzco polos comentarios que a maioría dos que escreben por aquí son persoas que rondan os 40 anos, máis o menos coma min. ¿Acaso non comíamos con viño e gaseosa (pouco viño, todo sea dito) cando tíñamos 10 anos? ¿Acaso non bebestes alcohol de cativos?

Caedes na trampa das leis que cada vez coartan máis as nosas liberdades. Cando eu saquei o carnét de conducir podía conducir legalmente con 0,49, aora, se dera esa cifra todos vos me calificaríades de suicida, de loco, de asasino da estrada ¿qué cambio na miña calidade de conducción, na miña cualificación? NADA DE NADA, cambio o político de turno que dixo que agora dáballe a gana de dicir a cifra de 0,20.

O mesmo aplícollo o caso de Xan, non son do seu partido, nin comparto nada con él máis que centro escolar , que non curso, na EGB. Non o defendo por amizade nin por interes personal, pero esta caza de bruxas vaisevos das mans. Xan fixo algo que se fai tódolos anos ¿que él ten que dar exemplo? O mesmo que calquera de nos, nin máis nin menos.

¿Cantos de vos, sendo menor de idade, xurastes con viño? Anda, seguide sendo servos das normas gilipollas que así seguiredes aborregados.

¿Canto agradecedes os vosos pais as bofetadas que cairon a tempo? Agora non se lle pode dar un cachete a un neno que é ilegal,.. así está saindo a xuventude, consentida etc etc.

Non sigo,.. creo que isto cairá en saco roto, o goberno comeuvos demasiado a testa como para que entendades o que quero dicir.

Lamina dijo...

Estamos de vacacións? vexo que os comentarios son moderados polo creador do blog antes de súa publicación. Gustaríame saber qué criterio se ten en conta a hora de publicar ou non os comentarios xa que un meu de onte non está por eiquí todavía.

PACO JONES dijo...

Querida Lamina:

Ese argumento que como os demáis beben e se exceden, e tamén podo face-lo igual. Non me vale; eu tamén subín ó monte, "xurei", me excedin no consumo de viño,... Pero hoxe non o fago, que un adulto abuse do consumo do alcohol é evidente que ten un problema e lle xera un problema ás persoas do seu redor.

O alcoholismo é un problema social, que a nosa sociedade non quere recoñecer e pecha o ollos ante o mesmo. Non hai pior cego que o que non quere ollar unha realidade. Que un adulto alente nun menor o consumo de alcohol, non é unha boa ensinanza, se este adulto é un profesional do ensino, a súa calidade profersional xa queda "tocada".

Un adulto debe educar coa palabra e có exemplo correcto ós menores; se a palabra e a acción non son concordantes, hai unha discrepancia,... e os menores tenden a segui-lo exemplo das accións dos adultos.

Lembro que na miña adolescencia na Guarda, Goián,... era moi doado conseguir porros e outras sustancias,... Ninguen nós dixo dos problemas que acarreaban o consumo de drogas, a nivel persoal, familiar, social,... Por desgracia certos compañeiros/as de estudios finaron moi novos polo SIDA, outros viviron enganchados durante anos e arruinaron a súa xuventude, as súas familias viviron amargadas durante anos,... ¡¡Seguro que todos coñecemos exemplos destes!!

Durante moitos anos o consumo de alcohol foi demasiado consentido entre os mariñeiros,... Porque un home borracho non pensa, non reclama, non mira as condicións de traballo, laboraís, abusos,...

Non, o goberno non me come o coco; xa fai bastantes anos que deixei de creer nos políticos deste país, dende a banda de babor a estribor,...

Pero a miña dona é dun país da Europa Oriental, que durante anos foi o "paraiso socialista"; pois dende esa época ata hoxe o nivel de alcoholismo entre a poboación masculina é moi alto, ademáis de ser moi barato: botella de vodka de 1/2 litro por 10 grivnas (1€),... ¿A cántas persoas coñeces que estando borrachas o seu reciocionio é craro?, eu a cero.

Non estou contra o alcohol, pero si contra o seu consumo descontrolado, desaforado, atolondrado,... Pois é unha forma de atonta-la xente; polo tanto eu estou contra a nova bacanal de moda: o botellón.

Máis xente borracha = máis xente atontada = máis xente que non pensa = moitos menos cidadáns esixentes = Políticos abusóns e controladores.

ZZZ MOSQUITO CAPÓN dijo...

Querid@ Lamina, eu que xa superen con creces os 40 e que como ti dices comíamos con viño aínda que fose pouco (cando comíamos...)logo de criar nosos fillos e netos sin caer no mismo erro que os nosos maiores (pola ignorancia deles, non pola deixadez) de dar viño aos críos, non podemos entender como un profesional da educación ( que non é un tío calquera, sino un ao que lle deixamos os nosos fillos durante moitas horas ao día), pode atreverse a facer semellante barbaridade...
Como TODA A XENTE INFORMADA DE OXE EN DÍA SABE, din os que saben do tema, que o viño é perxudicial para os nenos, qué pasa o profe estivo ausente ese día na clase na que o ensinaban e por iso fae o que fae...
Ti falas de que cada vez coartan máis as nosas libertades, e este é un bó exemplo, a libertade dos pais do neno de darlle ou non viño foron coartadas por un señor profesor que actuou dese xeito SIN A AUTORIZACIÓN DOS PAIS DO NENO, é iso ético...e legal...???? que dea grazas a Deus si non o denuncian.....eu faríao desde logo si fora có meu fillo....
En tanto dices que Xan fixo algo que se fae todolos anos, e si ten él que dar exemplo DESDE LOGO QUE DEBE DAR EXEMPLO...!!!!! por ser mestre, por ser concelleiro e por ser un home con educación creo...qué pasa que ten privilexios e non obrigas...???? a que estamos xogando....??? e si se fare sempre, pois se fae SEMPRE MAL...
Por outra banda compañnoneir@ os que non xuraron con viño a edade dese crío non saíron por mor diso gilipollas, pero moitos (e pódense dar nome), dos que comenzaron a tan corta edade (coa chulería dos sin cerebro) xogando a ser homes cando aínda mexaban nos pantalóns, oxe son homes que solo poden soster unha copa de viño coas dúas máns e sempre que llo pague outro....
Si tes fillos edúcaos como dices e xa veremos canto nos custa pagarlles pensións e tratamentos de desintoxicación, porque ti claro está, non porás un duro para iso, xa haberás gastado todo o diñeiro en pagarlles o viniño....
Por certo, o moderador do Blog son eu, (xa que fixen o blog tamén decido que publico ou non), o meu criterio para publicar os comentarios é básico, opinións de calquera que pense...aínda que sexa pouco...pero como é certo, vou moito de vacacións polo que si queres ver tuas opinións publicadas moi de prisa, fae o teu blog e opina o que queiras..., caso contrario, fala có teu defendido e entre copa e copa faen un blog entre os dous, él escribe e tí lámelle os calcetíns, que si tes sorte vas de terceiro nas próximas eleccións....

ZZZ MOSQUITO CAPÓN dijo...

Por certo esquecíame...qué pensa facer o BNG con esta actitude tan deplorable...??? o de sempre...como o avestruz...esconder a cabeza e deixar o cú ao aire...???
É vengonzoso que ninguén salga na defensa dun menor que por riba estaba sin os pais nese momento...!!!

Lamina dijo...

Mosquito, non ofende quen quere senón quen pode. Non me ofendes dicíndome o de lamer calcetíns (primeira vez que leo dita expresión), non me ofendes con que abra un blog etc etc, pero é curioso que ata o meu mensaxe ninguén puxera un pouco de sentidiño neste tema.

Paco Jones e Mosquito Capón ¿sabedes certamente que a foto é sen o consentimento dos pais,.. mellor dito, da nai, por que o pai está embarcado? ¿non sería a nai quen pediu a foto para enviarlla o pai, embarcado? Non estaredes a sacar de quicio, de facer sangue nun asunto tan sinxelo coma iso?

Se queredes facer sangue con Xan atacade pola via política, aquí non hai mais onde rascar.

un padre preocupado con la forma de enseñar los profesores dijo...

Señora Lamina, por mucho permiso de la madre,(XAN) no deveria hacer eso por lo de ser profesor y representante de sus votantes. Ademas el tiene que practicar con el ejemplo ya que el precisamente CRITICA a los padres que hacen eso mismo, así que no lo defiendas tanto que se te ve el plumero. XAN NO TIENE EXCUSA.
XAN DIMISION....

Rivadavila independiente xa dijo...

Querido mosquito capón


Desde tiempos inmemoriales se viene diciendo que la “Mujer del Cesar además de ser honrada tiene que parecerlo.”
Esto tan simple pero tan difícil de cumplir, debería ser la máxima de todo buen político, cargo publico o cualquier ciudadano que quiera hacerse respectar por su gente.

Doña Lamina usted que tan cerca de Xan se encuentra debería recordarse la a su mentado y que tome ejemplo o por lo menos nota.

En cuanto a los padres, mejor no entre por ahí, puesto que dejan mucho que desear, en mi opinión. Si tuvieran dos dedos de frente no dejarían que su hijo, por ser menor y por lo del cesar.. , jurase aunque fuese con gaseosa. Así mismo deberíamos pedirle un poco de sentido común a todos los participantes en la fiesta y en especial a los organizadores de las bandas.
¿Se pregunto usted que pasaría, si todas las fotografías de menores jurando en las bandas, alguien las presentase como denuncia en la fiscalía de menores?
¿Qué argumentarían los padres, los organizadores etc..?

En cuanto ha Xan, usted está confundiendo la parte por el todo. Que aquí cuatro anónimos pidan su dimisión no son una parte tan representativa de la opinión ciudadana de A Guarda. Ahora que si pica……
Reitero, como lo hice anteriormente, que debería pedir publicas disculpas y que tome como ejemplo a nuestro rey. Ya se que el Sr. Xan es republicano, pero la mujer del cesar………

Por cierto, abusando de su confianza, me gustaría saber si el Sr. Xan está enterado de esta pequeña polémica y ¿ya que el no opina sería usted tan amable en preguntarle y contarnos?. Espero sus noticias.

Aurora dijo...

Srª lamina espero que nos seas madre y si lo es, ¿Qué educación están recibiendo sus hijos?, aunque no se si eres la novia, hermana, colega de partido de Xan, para defender algo que es indefendible (UNA IMAGEN VALE MÁS QUE 1000 PALABRAS)
El 99% de los lectores y de los que opinamos en este blog, estamos todos de acuerdo que lo de Xan es lamentable, es político y profesor en un colegio, su vida publica repercute en la imagen de su partido político.

El BNG sabrá lo que hace con este espécimen, las fotos están ahí hoy y mañana, ya han sido vistas por muchos guardeses que son votantes y de otros partidos.

Lamina dijo...

Aqui e novo

Primeiro, sinto defraudarvos a moitos, son un home, non unha muller, o do meu alcume ven de usar, fai moitos anos, o alcume de Animal por algún foro de internet, e o personaxe antagónico a aquel Animal era Lamina (animal escrito o revés)

Seguinte parte, falades de que se pode presentar denuncia na fiscalía de menores contra a festa do monte,.. pois mir auqe a culpa será de quen a publica. e se se quere actuar denunciando na fiscalía de menores,.. pois chega con ir a Alameda de A Guarda calquer sábado a noite, ou as portas dos supermercados os mesmos sábados dende as 20:00 as 21:30.

Facedes unha morea dun gran de area.

Sobre o contacto que teño con Xan? Saudo pola calle se nos cruzamos por que nos coñecemos dende fai anos. Non veño a defendelo, leo habitualmente este blog (xa participeis mais veces e podedes buscar o tono habitual nas miñas mensaxes) e leer certas cousas, tanta demagoxia xunta,.. pufff,.. apesta a "que roden cabezas"

Dende a Fosella dijo...

A verdade é que non sabía como dunha nimiedade como ésta se podía estar falando e falando durante días e días, alargando o asunto ata o infinito. Xan Lois meteu a pata, e punto pelota. (a otra cosa, mariposa), pero nón, malla que te malla, como si no noso pobo non aconteran máis cousas, e así nos vai.
Como se alargue un pouco máis o tema, vai REMATAR CANDO O RAPAZ VOLVA DA MILI, e cos galóns de sarxento….ji…ji…ji….
Unha preguntiña, ¿non vos déu a impresión que durante o vran, funcionaba mellor o tráfico cando non hai municipais? Iso é o que sentín, e creo que ven a confirmarmo que en setembro é cando se contrata reforzos. ¿Sería que quedaron estroncados de non facer nada? Bueno, iso non é certo o cen por cen. O MAJONI, subiuselle as neuronas de Cherif dos xefes, e gastou un feixe de bolígrafos con multas a tutiplén, pero soio para os guardeses, parecía un predicador dando bendicións e bsolucións a todolos turistas. Debe ser que a multa local vale doble, o que nun se sabe e si en premio metálico ou en palmadillas de promesa de ascenso…o tempo xa o dirá. Nesta ocasión non imos a falar do SEGUNDO QUE MAIS SABE DE TRAFICO no noso pobo, hai un feixe de asuntos pero quedan para despois das Festas do séu barrio.