jueves, 1 de noviembre de 2012

GAIVOTAS GUARDESAS






Despois de sufrir durante un longo tempo algúns problemas de saúde que mantiveronme afastado deste blog, retorno aínda que con moderación, ás miñas picadas.... a idade non vén soa e por iso o exceso de picadas e sobrevoos pode producir dificultades cardíacas como as que tiven, (tabaco e tinto incluídos) pero non por iso me mantiven no conxelador illado de todo o que acontecía neste bendito pobo....


Debo agradecer tamén a todos os meus colegas mosquitos a información que foronme enviando por correo electrónico, aínda que me foi imposible comentala como acostumo, polo que vos pido desculpas, xa me irei poñendo a ton...



Moitas cousas sucederon neste intre...., tantas que comezaremos a comentalas pouco a pouco...


Tivemos eleccións en varios ámbitos.... por un lado en ACIGU, e polo outro, AUTONÓMICAS, ambas as dúas iso se do mesmo signo avícola.... a simbólica gaivota costeira... da cal di wikipedia... "acoden ás veces aos vertedoiros de lixo ou ao interior das cidades costeiras para alimentarse de desperdicios e carroña... "

Falando de GAIVOTAS...
Podería esperarse encontrar diferentes tipos de gaivotas nun dos moitos e diferentes hábitats que ocupan, pero isto non acontece, senón que adoitan formar grupos compactos, con individuos de aspecto e costumes moi similares...
Nos últimos tempos obsérvase que comezaron a criar no interior das poboacións, chegando a converterse nunha auténtica praga...


Estes novos inquilinos alteran e mesmo erradican as poboacións locais (de paxaros), que rara vez son competencia cunha ave desta voracidade...

O seu voo pode "parecer torpe", pero permítelle realizar espectaculares picados e "rapidísimos ascensos".... (sobrinísima quizáis????)

A gaivota ten gran lonxevidade, encontráronse aves con idades superiores aos "20 anos ", (como en acigu non é asi???)...

Aínda que as gaivotas das nosas costas non son migradoras, poden chegar a desprazarse algúns centenares de quilómetros do seu lugar habitual, en función da dispoñibilidade de "alimento ou de territorio"... (Santiago, Tui ou Pontevedra incluídos...)
Comprobouse que as maiores distancias son percorridas polos exemplares máis "novos" (menuda casualidade....)


Grazas á desaparición dos seus inimigos naturais... (PSOEBNG) a súa densidade aumentou desmesuradamente (non no ámbito local), polo que nalgúns lugares foron necesarias medidas para controlar o seu número.... por exemplo a aparición de novos antídotos como CG...


Existe ademais unha subespecie, chamada "gaivota riseira", ou Larus ridibundus, que se cría na costa, especie destacada por ser gregaria e oportunista, recibe este nome polos "estridentes berros que emite", xa que é moi nerviosa, e ten os seus súbditos intimidados polos seus tons de soprano frustrada.....

Nos noso caso, 20 anos no mesmo niño, son viables, cando... sempre son os mesmos  socio-amiguetes os que se votan a se mesmos nas "multitudinarias e tan publicitadas " convocatorias de asamblea...  as que xa nos teñen afeitos..., iso si xamais vimos nin fotos nin actas asinadas polos asistentes para saber cal foi a cantidade exacta de "unánime aclamación" pola que a Tita e o seu troupe foron proclamados un período máis como "rexedora e séquito inoperante" dos comerciantes guardeses.... perdón, "xunta directiva"....


En cando á polluela de gaivota... o seu voo parece que non foi o suficientemente nin produtivo nin significativo na Diputación Provincial, motivo polo que se lla enviou novamente ao niño, co seu familiar máis próximo e titora política, a seguir aprendendo a voar... deixando a cadeira da Diputación  para outra gaivota máis.... políticamente capacitada para o voo.... e menos tutorada a control remoto...

Toda similitude coa realidade guardesa, non é máis que unha mera coincidencia.... ante calquera dúbida consultar algunha enciclopedia especializada en ornitoloxía política...

12 comentarios:

xan pelican dijo...

ja ja ja o mellor do parecido é o efecto que producen, deixan por todos lados a suas pegadas "de merda"

comercio pechado dijo...

Eu fun asociado de eles e cando me informaban era que xa habia pasado a reunion, tamen dijo quen quer coller ese clavo a arder? cantos enredos havera no medio logo de 20 anos sen naide que a supervise? dende logo non iba ser eu

volando dijo...

Eu non tempo fun socio de Acigu, e fun a algunha Asablea de elección de Xunta directiva, podo decir que nin axunta esta presente a o completo y resto de socios, sobran os dedos dunha man, así de certo, e ela sola se proclama presidenta. Esta presidencia e como unha comunidad de veciños naide o quere, pero como aquí ahi tallada non se solta. O único que o podría afastas do seu sillón sería o conocido Recio, o de mariscos Recio, xa que aos dous lle gusta ese titulo de "Nobleza".

NOI da Guarda dijo...

Eu tamén fun socio dende o principio, e asistín alguhas asambleas, a verdade e que casi naide se presentaba no local, aquilo creou un malestar por a miña parte por nun decir impotencia, e deime de baixa, o que mais molesta son os que agora critican da Presi(non e do meu agrado)en lugar de formar outra asociación, que asistiran as Asambleas e deran os respectivos golpes de estado, asi a doña nun estaria manexando o chupete tantos anos, e os do golpe fora xa o vimos duraron unha tirada de foguetes, tamen teño que decir que pra ese puesto nun vale cualquiera debido a mala practica que temos neste pobo de criticar, esa e a triste realidade, temos o que nos merecemos meior imposible.

sarita la guapita dijo...

los socios saben lo que ocurre y bien, pero la señorona portuguesa tiene la silla clavada a las posaderas...en cuanto a la oposición, cuál esos del abaco?, en esu momento le hicieron mucho dañó `pero cuando cambió la directiva y el pez espada asumió "con sus condiciones" (es decir con SU DIRECTIVA ) se fue todo para el carall...y la señora ASEGUN siguió reinando sin contrincantes válidos

volando dijo...

Amigo "NOI da Guarda" ti es como a maioría, bla bla bla e esconderse, ti es un dos culpables desta situación. Porque non deste ti un golpe de estado, non escapaste a si nos vai.
Eu fun socio de Acigu dende a sua fundación e os primeiros anos as reunións eran masivas, hasta que hubo cambio de Presidente, cando entrou a que esta, estou seguro porque eu asistia as reunións, era interés da presidenta de que non acudisen socios, moitas reunions con moi poucos socios tan poucos que se contan cos dedos dunha man. E inda que a presidenta e xunta directiva da quel entos non eran do meu agrado, non fuxin, non me dei de baixa, intentei buscar a pollos pada dar o golpe pero todo mundo pasa, o final pasando os anos e o haber outra asociación cambie de bando. Hoxe en día non esta pero a culpa e toda nosa, naide quixo a rimar o hombro y eu como mirei a espereciencia fai anos no outro lado, agora fixen como ti, agachar a orella e que sexan outro, se os hay e que leven as osti...

PACO JONES dijo...

Aquí todo o mundo a falar da Sra. Braga, pero nós imos a falar de gaivotas.

As gaivotas como todos sabemos, duns anos para acá veñen facendo os seus niños nos nosos tellados,... logo a cría debe votar a voar e buscarse a vida. Pero aquí a "cría" segue no niño que ten no tellado de ACIGU; está tentando voar nas augas do Concello, cós resultados que cada un valore. Tamén tentou voar polo Parlamento Galego, pero aquelas augas de alta mar non lle foron ben, e as gaivotas que mandan por Santiago mandaron a esta "cría" de volta para o seu niño.

Neste tema de ornitoloxía, seguro que certo veterinario está a facer o seu estudio sobre a vida e costumes das gaivotas locais, para no seu momento toma-lo mando. O Sr. veterinario sabe que un dos xeitos de controla-la poboación de gaivotas é desfacerse dos niños e das "crías", sobre todo de aquelas que pian como nós queremos ou os seus niños nós son molestos.

Pero tanto a "cría" como o veterinario, deberían ollar para certa gaivota que fai voos rasantes por algún restaurante que hai nunha entrada da Vila, para así estudiar certas coincidencias de compañia desta gaivota con un coñecido "catador" de albariños.

Cós resultados electorais nas mans, semella que ós votantes guardeses gostan máis das gaivotas de fora, e non tanto das que son criadas nos nosos tellados. Haberá que convencer ós membros de ANABAM para que fagan unha campaña entre os cidadáns para "coidar e protexer" as nosas gaivotas autóctonas e que sexan declaradas especie protexida.

NOI da Guarda dijo...

Amigo Volando, gustariame aclararte algo do teu comentario.
- Estamos dandolle demasiada importancia a Presi- a ela iso gustalle.
Toda esa historia que contas me parece ben, eso mismo o vivimos e comentamos alguns na quela, no tu solo como si foras o héroe, aqui temos que ser realistas si nun te conven e nun podes facer nada te vas e naide se esconde nin e culpable do sistema. Eu marchei pra asociación do meu ramo e punto.
O meu comentario e que os que formaron a outra era un grupo que estaba de acuerdo, e asi ben podían facerlle frente a Presi, cousa que ti nin eu o conseguimos. Pero como vexo que tes sensibilidade ainda podes volver, darte de alta e facerlle frente, de esa forma xa nun seras como eu nin como maioria de bla bla bla, escondendose nin agachar a orella, nin culpable de nada. pois o teu rotulo ainda o manten na parede de ACIGU, animate.

Anónimo dijo...

Creo que este tema no le interesa a nadie, que se vallan al caraj.... a otra cosa mariposa

PACO JONES dijo...

HOLA MOSQUITO CARACOLA; ¡¡¿¿Estás hibernando??!!

Estou de acordo con este último comentario, este teme carece de interese.

Vexo todo moi parado; hoxe 23 de novembro o tio SOVIÉTICO JONES non para de darnos a tabarra có 70º aniversario da toma de Kalach, punto culminante da operación "Urano", có que os seus camaradas cercaron ós alemáns en Stalingrado.

Polo que sei e conta o primo ASTERISCO JONES polo Concello reina unha gran intranquilidade; o PSOE está vello, non hai ideas e sobre todo hai un medo calado a que a oposición se mova e fiquen cercados coma os alemáns en Stalingrado.

Pero tanto ASTERISCO JONES como eu non vemos na oposición forzas, nin ...jones para facer algo disto. A Sra. Fátima ten unha gran oportunidade facerse ver como a cabeza visible da oposición (e como unha opción de futuro para gobernar), pero hai que sair das trincheiras e correr a campo aberto contra o enemigo (ten tropas pero están desarmadas).

O Sr. Xan sei que ten gañas e moitos desexos de colgarse unha medalla (cargo do goberno municipal), pero estas hai que gañalas nas guerras, e non na comodidade de non facer nada. Ten armas pero ainda non usou ningunha, ou non sabe usalas, ou ten conversas de paz cós oficiaís do PSOE.

A Sra. Beatriz vexoa moi parada, a tempada da orquesta "Panorama" xa rematou e hai que centrarse no importante. Non ten tropas, pero xa demostrou que sabe usa-las armas; ¿voltouse pacifista ou xa non ten munición?

O único movimento político que vin, foi na sede de "Skay-Holas", non sei se para tocar diana e levanta-las tropas, ou para licencialas e darlles a libertade de buscarse un novo exército onde enrrolarse.

E a hora de asalta-la cota 35 (altura sobre o nivel do mar a que está a casa do Concello). Pero non vexo ós atacantes con gañas de atacar; e disto son sabedores os defensores que teñen a chuleria de facer desfiles victoriosos coas suas escasas tropas (inauguración do tronco que ninguen quixo, nin regalado, e a última hora o colleu o noso querido alcalde) na inauguración do "Tronko da Victoria".

Eu PACO JONES digo: "Recordare, semper Fortiter audax" (Lembrar, os valentes sempre son audeces).

Anónimo dijo...

Señor Volando é señor Noi, nun són momentos pra debatir si isto si á quilo ó que todo ó povo mais ou menos sabe son os presuntos intereses que esa señora á leva á seguir nése sillon, desde que esta ahi hay subencions se lle abren as portas pra coñecer muitos contactos de alto nibel á proba está que astá ten un programa en television, ela esta alargando é rentavilizando ó maximo posible ó seu cargo mais ó seu bolsillo, porque seguro que néses cargos que ocupa nón esta gratis, e de ahi nun ay quén á saque é de paso manexa ó P.P guardes desde a sombra, un saudo.

Ribadavila independiente xa dijo...

Querido Mosquito


No pensaba intervenir en este post, puesto que el tema de principio no me interesa.
Pero ante a falta de post imaginativos de tu pagina, me pregunto ¿ tu también te pasaste a la oposición silenciosa que tenemos, o bien, pasarás a formar parte del gobierno? Por aquello, ya sabes, si no puedes con tu enemigo únete a él.

Estoy encantado de vivir en este “pobo” tan idílico, que por fin, ya se convirtió en el edén atlántico tan cacareado. Que ciegos estábamos.
Los cuatro fantásticos alfin impusieron sus poderes, parece que el tiempo les ha dado la razón, y en este bendito “pobo” ya reina la armonía y el buen hacer.

Mis felicitaciones al grupo de gobierno, han conseguido que todos seamos invisibles y los problemas también Ahora ya entiendo por que desde hace días noto que el mundo gira mejor, brilla más el sol, la gente sonrie…. Ingenuo de mí, pensaba que eran las navidades que están al caer y no por pertenecer a esta arcadia feliz llamada “ pobo Da Guarda”.

Reitero muchas felicidades y prospero año nuevo a todos los lectores de este blog.

Nota: Aquí querría hacer una humilde petición. Que alguien, por favor, escriba una diccionario de acrónimos, para que me pueda enterar. Por ejemplo Skay-Holas=…., o
Sr Volando=…. Etc.