Finalmente falaremos de varios grupos de políticos ... BNG, CG, os exiliados, os que nunca chegaron e os que se foron porque ninguén os votou ...
Os nosos heroes do BNG son ...
Como sempre o noso pingüín folclórico cambia de aparencia ... (con barba, sen barba, con coleta, con cabelo soprado, etc) pero non de mañas ..., non no profundo ..., non cambia en sentirse un actor de telenovela venezolana nos plenos ..., é dicir cambiar para ser menos personaxe e máis persoa ...
Na Festa do Monte quedou retratado para a posteridade cunha actitude pouco "sobria" con un menor ...
Tan profesor (de teatro) nos plenos e tan pouco pedagóxico e ético á hora de dar exemplo ... iso si, como político ... é un bo vendedor de xeados (xa ten experiencia no estranxeiro neses mesteres) ...
Tan profesor (de teatro) nos plenos e tan pouco pedagóxico e ético á hora de dar exemplo ... iso si, como político ... é un bo vendedor de xeados (xa ten experiencia no estranxeiro neses mesteres) ...
A She-Ra da Guarda é toda unha heroína intentando "facerse co poder", representar ao partido a nivel local, figurar ...
Paciente, astuta, pouco brillante, pero cunha espada afiada para cortar as raíces de calquera e así ocupar o seu posto ... especialmente se a sobreira do que falamos non logra botar raíces profundas ...
Paciente, astuta, pouco brillante, pero cunha espada afiada para cortar as raíces de calquera e así ocupar o seu posto ... especialmente se a sobreira do que falamos non logra botar raíces profundas ...
Por CG solo tenemos una concelleira ... e un exiliado ...
A Lara Croft local, novata políticamente pero de armas tomar, contan que tivo varios enfrontamentos dentro e fóra do partido para facer pesar as súas opinións ... pero por sobre todas as cousas e aínda que moitos non o saiban, este mosquito que descobre moitas cousas, sabe que a heroína en cuestión se prepara para cada pleno con toda a artillaría que pode para contrarrestar os lumes do Pingüín, quen moi ao seu pesar e á súa experiencia recibe en moitas ocasións algo máis que caldo ...
Non podemos esquecer o concelleiro no exilio, polo menos aseguran que momentáneamente ... , é do mesmo partido que Lara Croft, pero actúa como o Fantasma ... , sabemos que en calquera momento anunciará o seu regreso ... e algún dos seus próximos asegura será estrepitoso ...
A este Mosquito non lle cabe dúbida ningunha de que polo menos se regresa, farao cun ámbito partidario incriblemente depurado ... agora véseo rodeado de xente que polo menos PENSA ..., logrou afastarse de todos aqueles que de políticos tiñan pouco pero de chupópteros, todo o imaxinable e máis ...
A este Mosquito non lle cabe dúbida ningunha de que polo menos se regresa, farao cun ámbito partidario incriblemente depurado ... agora véseo rodeado de xente que polo menos PENSA ..., logrou afastarse de todos aqueles que de políticos tiñan pouco pero de chupópteros, todo o imaxinable e máis ...
Imos ocuparnos agora dun novo partido no ámbito guardés ...
O noso Acquaman local, representa un novo grupo político de A Guarda ..., aínda que misteriosamente a el o vimos pasar polo PP, IV e agora o CDL, como un limpaparabrisas de coche, deslízase de Dereita a Esquerda, dun extremo político a outro ... , veremos próximamente cara a onde se traslada ...
Iso si en todos lados fai augas ... e o seu temperamento fíxoo chegar ás mans con facilidade cun peso pesado doutro partido ..., as vistas está que moi centrado non está ...
Iso si en todos lados fai augas ... e o seu temperamento fíxoo chegar ás mans con facilidade cun peso pesado doutro partido ..., as vistas está que moi centrado non está ...
Finalmente ocuparémonos dun grupete rexeitado popularmente nas últimas eleccións...
A ex edil "segundona de sempre " ata fai pouco tamén chamada Carlitos, e quen xamais ía ás procesións ..., vémola agora convertida en fervorosa devota de Santa Catarina ... será que necesita tantas misas e procesións para que perdoen os seus pecados...???
A Sr/Sra en cuestión, mantén á cabeza partidaria sempre disposta a poñer cartos para o partido ... como é o único que pode por ... (ideas non ten ... excepto as da súa esposa "a plaxios ") ... para iso aliméntao con adulacións e comentarios enxalzando a súa sagacidade e astucia política ... pobre escaiolas ... !!! se soubese canto rin despois del ás súas costas ... comentando que todo o que ten de diñeiro o ten tamén de falta de cerebro ...
Desta dupla "sen ataduras" que se formou cos desperdicios doutro partido e o complemento exclusivo de familiares ... temos moito para dicir a nivel local ..., especialmente sobre todos os triunfos obtidos nas distintas comisións de festas polas que pasou o "voitre" local cabeza de lista, todas elas con grandes beneficios económicos de destino incerto ...
En canto a Sor Carlitos, dicir soamente que Goián lle resulta cada día máis necesario, especialmente en compañía do seu cónxuxe o "Guardi-bolas", de quen se escoitan os berros cando adestra dende o outro lado do monte ...
Para concluír, restaría nomear a algúns asesores ou acompañantes locais, que os hai e en todos os partidos... como "O Pinchacús", a "Tita", "O Verde", "Paco Jones", "Mister Tango" e , "Pepiño sen viño", etc... pero eses quedan para outra ocasión...
2 comentarios:
Muy ben muy ben Sr. Mosquito, xa temos algo de idea por donde van os picotazos, os "asesores" son muy importantes, tamén os temos de abondo, muitos deles na sombra, pero pican ben, creo pica bostede con muita saña a pobre escaiolas, ben o sabe que outros foron piores.
Agardemos as novas.
Sr/Sra: MOSCO, dende a Peña do Incienso, compartimos o análise sobre os superheroes locais, ben repartidos polas tres parroquias. Faltan as figuras dos FENOMENOS que presiden as Festas dos distintos barrios e a principal, eses tamén ráncalle o c...
Tamén é certo, que falta felicitarlle a TITA moitas cousas, entre elas, as Festas do Nadal e séus éxitos televisivos, que van por boa VIA. Xa se escangallou a Federación de Comercio, xa montou un tinglado novo para colocar a Ricitos, e se non, tempo o tempo.
Publicar un comentario