sábado, 18 de junio de 2011

AS CHAVES DO...CEU


Hai por ahi un Ti-L-Kó que di que a mellor opción para A Guarda era e segue sendo gobernar "sen ataduras", eu como non teño dotes de vidente, non me animo nin a afirmalo nin a negalo, pero si comento que:

Polas cafeterías da Guarda dícese que hai un ex edil que deixou de aparecer polas mañás a almorzar como afacía...
O café matinal ten a súa afeita cadeira agardándolle sen que apareza o señor en cuestión ....e por outros sitios chega a tomar un cafelín e foxe como alma que leva o diaño....
Rumoréase que está avergoñado e depresivo pola falta de apoio cidadán recibido nas pasadas eleccións, contaba con entrar como edil e non foi así. 
 
O que él está comezando a percibir e sen equivocarse nas súas conclusións, é que foi vilmente enganado e empuxado a facer cousas das que hoxe comeza a arrepentirse, especialmente polo bochorno público que sofre.

Aos poucos darase conta de que, foi e é usado para atacar a outras persoas, usar o seu local, e servir de escudo pola falta de valor a encabezar nada de certa xente. 
 
Agora ademais, está sendo levado sutilmente a coquetear con Esquerda Unida, cando todos no pobo sabemos que o señor en cuestión é de dereitas...é que aínda non o notou???

Sendo o presidente do seu partido, non asina as notas de prensa, nin os comunicados, nin sequera concorre a exhibicións cinematográficas acompañado e arroupado pola xente da súa lista é dicir úsano para a foto, o pago dás ceas, o local do partido e que máis??? ¡Ah si!, a vergoña pública que está sufrindo por todos os comentarios na súa contra que antes non tiña...é máis, tíñasello en moi boa consideración a nivel local, pero as malas compañías non o están levando a moi bo porto, e o que é aínda peor, como na lista ían varios membros dá súa familia, os comentarios en contra están recaendo sobre todos e cada un deles.....unha pena....esta xentiña non o merecía...

En canto a ser a chave para gobernar A Guarda, coa lista que algun@ en cuestión coordinou, deberiades estar agradecidos de aínda ter a chave das vosas casas, porque segundo escoitei nalgún local de petiscos, foron enganados en máis dun tema do que se decataron unha vez posta a firma, é máis se rumorea tamén que unha das que ían na lista nin sequera firmou a súa propia papeleta porque estaba por Canarias e que teñen un bo debuxante que axudou no tema...non me estraña, se de firmas trátase saben bastante....

No hay comentarios: