Como escoitei por algún bar de FlORes do Rosal que lle fai ilusión que lle conteste, fareino por única vez...
Primeiro aclararlle que si teño sexo, son O MOSQUITO, non me confunda con outr@ que anda por aí, non se sabe se saíndo ou entrando do armario....
En segundo lugar quero agradecerlle o traballo que se tomou de mirar as fotografías e vídeos que aparecen nos diferentes xornais dixitais para ver se me podía identificar, cousa que lle aseguro resultaralle imposible, non porque non estivese, senón porque non había ningunha cámara que enfocase a un case imperceptible mosquito.....
É evidente que as persoas que vostede viu son veciños destacados pola súa seriedade, aínda que permítame discrepar, non TODOS, había algún elemento nas primeiras filas moi pouco serio e aínda menos destacado...
En canto ao tema da miña capadura, dicirlle que goza vostede de moi pouca información e imaxinación no que a sexo se refire, un curso de actualización non viría mal, fai falta que lle explique o meu amigo???
Finalmente, na miña longa vida, o cal non é nada frecuente na miña raza, tiven que facer fronte a infinidade de inimigos como aves, murciélagos, peixes, insectos acuáticos, anfibios e Políticos, e aínda sigo en condicións de picar...motivo polo cal dígolle, que vostede Sr ZZ... PAFF non me resulta un escollo a vencer e en cambio si, algo obsoleto, hoxe en día hai mellores inventos, polo cal deduzo que é vostede próximo á miña quinta....
Un saúdo de ZZZ...MOSQUITO CAPÓN IMAXINATIVO
PD: Colguei no meu Facebook un agasallo para que vostede rememore as épocas nas que se orixinou o seu nome...e recordarlle que na publicidade só se fala de "moscas"
No hay comentarios:
Publicar un comentario