Como todos sabedes o venres 25 houbo pleno...esta vez non puiden asistir debido a que o presidente en funcións e o recentemente electo requiriron a miña presenza en Moncloa para organizar e dirixir o próximo traspaso de mandos...como non podía ser doutro xeito alí funme, pero non sen deixar algúns mosquitos encargados de solicitar toda a información do caso....
Aínda que asi non o fixera, xa é de coñecemento público que ultimamente nos plenos máis que debate a conciencia e con base legal, o que hai é show cara ao público.
Salvo algunha que outra excepción, toda ocorrencia lévase a pleno con forma de moción vaia saber un con que fin, ou seguindo que iluminadas directivas.....
Exemplo 1:
Moción de CG: " APOIO A PROCLAMACIÓN DO ESTADO PALESTINO", anda que chacho, non sabía eu que como estamos perto de Reyes e como veñen de Oriente, para que nos traian algún que outro agasallo, mellor tratar o tema da proclamación do estado Palestino...
Non fose mellor proclamalo Reino?.., pés en terra compañeiros que estamos na Guarda, non se se vos destes conta onde queda Palestina, a verificar o compás e o conta quilómetros e centrarse na comarca.....
Nin sequera fostes ás eleccións nacionais e estades preocupados polo que ocorre en Palestina? Non é por darvos caña, pero podería asegurar que eles non saben nin que vós nin o pobo existe...
Exemplo 2:
Unha moción asumida polo BNG: " EN DEFENSA DO TRABALLO XUSTO E ILUSIONANTE DÚAS SERVIZOS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA"
Que dicir neste caso?, "traballo xusto e ilusionante de normalización lingüística", xusto é que se fale como se fale, todos teñamos traballo...e ademais, non creo que nin os meus pais, nin avós nin eu mesmo perdamos nunca a ilusión da nosa fala natural aínda cando sufrimos a súa cercenación durante a ditadura.
Logo de tantos anos normalizando a lingua en todo o país, ou somos lelos ou xa temos todo en orde para seguir adiante, ata cando haberá que normalizar?, ata que todos os profes do BNG teñan o seu posto quizais?
Exemplo3:
Moción do PP: "CREACION DUNHA COMISIÓN PARA A PROCURA DUNHA MELLOR LOCALIZACIÓN Ó MERCADILLO SEMANAL DA GUARDA
Compañeiros, si que sodes Kamikaces querendo xuntar nunha comisión, for para o tema que for, a representantes de cada partido político, aínda os que aparecen para a foto en épocas de eleccións, a Orpagu e Palangreiros, a Acigu e Ábaco, etc..nin con James Bond á cabeza poderíase formar esa comisión, é Misión Imposible....a menos que o único motivo sexa tocarlle os Paco Jones ao PSOE...
Algúns queren mostrar que aprenderon a escribir mocións pondo nelas o primeiro que pasa polas súas cabezas, hai que xustificar o que se cobra doutro xeito, primeiro pensando...
En fin este pleno dará para mais opinións, xa veredes...
10 comentarios:
Que PACO JONES que pasan a los políticos de A Guarda, hay algún caso de epidemia vírica de anaencefalia que sólo les ataca a ellos:
1- Palestina es un barrio de A Guarda o los votantes de CG eran de palestina, PACO JONES en las municipales votaron una comunidad de guardes que hay en Palestina.
2- Normalización lingüística (hay un problema de comunicación en A Guarda) llevamos siglos hablando en gallego y castellano nunca hemos tenido problemas de comunicación hasta hoy. Sólo que el BNG tenga un problema de comunicación con sus electores y por eso cada vez lo voten menos o será que nos es comprendido por las otras fuerzas políticas del ayuntamiento.
3- La nueva localización del mercadillo molesta menos que la anterior y al mismo tiempo esta en un sitio céntrico y en una calle que casi no tiene casas. Será que molesta a la persona que ha escrito la carta de queja en Galiciasuroeste, los sabados sólo hay uno a la semana y el mercadillo sólo duran unas pocas horas y las ambulancias llevan en ellos y no tienen desfibriladores y el personal sanitario sabe caminar, correr y subir escaleras. PACO JONES no sabia que A Guarda hay ambulancias que van hasta la puerta de tu piso y llega hasta la habitación del enfermo ahora entiendo que le moleste el mercadillo en su puerta.
Non entendo certos comentarios referidos a PACO JONES; polo que faise necesario facer certas aclaracións:
1º A miña residencia non está na rúa Coruña ou proximidades (zona do mercadillo).
2º Non teño nada en contra do mercado matinal do sábado; non acudo ó mesmo, pero si que en certos bares de onde son parroquiano os sábados atopome con veciños de Oia, Rosal, Tomiño e da Guarda, que veñen pola mañan a facer de taxistas ás súas respectivas donas. Nós falamos de como vai o mundo e como arranxalo; evidentemente os políticos non nos fan caso.
3º Os JONES temos intereses persoais, familiares, comerciaís, industriaís,... en tódolos partidos (sempre que teñan representación e un mínimo, do mínimo, de intelectualidade).
4º Os JONES somos unha gran familia, moi extensa e con moitas ramas en tódolos paises do Mundo-Univeral. O noso gran historiador familiar HISTORICO JONES escribíu unha gran obra: "Los JONES y la Humanidad", según él non se pode entende-la Historia sen a presenza dos JONES. Pero tamén temos a nosa familia contrincante: NARICES.
5º Probablemente algún NARICES resida na rúa Coruña; incluso algúns concelleiros pertencen a esta rama da Humanidade.
¡¡¡Que lle imos facer ninguen é perfecto!!! E eu non quero ser ninguen.
Totalmente dacordo contigo Paco Jones, aclarar que creo que te confunden coma min que cren que sun un ex-concelleiro cando ese señor e eu o que compartimos foi algunha vez o auditorio de San Bieito cando él era concelleiro....en fin para lectores confundidos sempre existen textos mais sinxelos...
Quero aclarar que eu non estou nin en contra nin a favor da localización do mercadillo, si algún veciño ten problemas, débese atender as suas inquedanzas, que el tamén paga os salarios dos concelleiros, faltaría máis.
O que eu digo é que hai que levar propostas factibles de realizar, por exemplo outro lugar onde polo, non facerlle crer os veciños que se preocupan por eles levando a pleno moción que saben de antemán que son inviables ou casi que milagrosas ...
No caso en particular de Anselmo, máis aló de si ten razón ou non, É MERECEDOR DUNHA RESPOSTA POR PARTE DOS RESPONABLES DO TEMA.
os que presentaron a mocion do mercadillo sudaron a gota gorda pois traballaron arreo para durante seis meses para iso e non dan unha posible solucion e COBRARON CASE 2100€ eso e taballar polo pobo
Non sei se o Mosquito non terá parentesco ca Fámily Jones, pero polo menos son bastante coincidentes. Menos mal que non ten un parente que venda bragas e sosténs na Alameda
Visto o "cachondeo" có que os nosos concelleiros tomanse os asuntos, imos a proporlle temas cachondos no que aplica-lo seu tempo.
Remato de le-la nova que o Sr. Nacho Vidal ven de quita-lo mercado unha colonia dirixida ó mercado femenino, o envase é unha reproducción exacta do seu afamado "instrumento" de traballo, de 1/4 de metro.
Poderíamos criar unha comisión sobre o uso e manipulación do envase desta colonia en cuestión, para explicarllo a certas consumidoras. Creo que habería que tratar de "normalizar" esta "medida" entre o resto do poboación, pois outras cousas linguisticas xa están ben normalizadas.
Tamén podríamos cria-lo típico (duns anos para acá) calendario-almanaque ludico festivo. Claro está para recadar fondos para o Concello, hai que poñelo á venta a un prezo razonable. Pero non só dos municipes, tamén dos funcionarios, de certos altos cargos de asociacións de moito copete e con mando en praza,...
Creo que gran parte da poboación quedaria máis contenta, e outra gran parte da poboación quedaría máis satisfeita.
¡¡En serio Sres, os santos inocentes é o 28 de decembro!! O resto do ano menos brincadeira e máis seriedade.
Sres. do PP hai que traballar máis, unha moción en 6 meses, son vostedes 6 concelleiros, esta moción valeira de contido custounós ós guardeses +2.000€. Ós concelleiros do BNG e CG pidolles menos cantidade e maís calidade; sobre todo na verborrea que usa o noso "concelleiro gaiteiro", pois o 90% do que dí son verbas sen mensaxe, son ocupar tempo e mal gastar saliva para nada.
Por último, quero achegar unha aperta e brindar pola pronta recuperación da súde de certo concelleiro do PP.
A verdade a medias sempre é peor cunha mentira. É moi fácil manipular a orde do día do pleno intentando dar a sensación de insentatez por parte dos diferentes concelleiros. Se eu fixera unha escolla, como fixo vostede, pero outras mocións igual a cousa cambia; claro que sempre haberá a quen non lle guste. O BNG, por exemplo, levou mocións propias "sobre o plan concertado" que afecta aos cartos que ten que recibir o concello en Servizos sociais, "sobre o día da non violencia de xénero", "sobre a falta de seguridade vial no IES A Sangriña" e sobre "a tarxeta sanitaria" que está a afectar a parados tamén da Guarda. Todas elas ben relacionadas con problemas que afectan aos guardeses. A única que se refire non é do BNG, asúmea por coherencia.
pero cando tuvo coherencia o concelleiro do BNG, ou peor ainda un bloqueiro calquera, xa que se adican a o adroctinamiento nos institutos
Pero que terá que ver a coherencia política con adrotrinar nos institutos? A concelleira do BNG non é profesora, tampouco é coherente? Se tes probas de que os do BNG adotrinan nos institutos, preséntaas na Consellería de Educación, seguro que te atenden con gusto coas gañas que lle teñen a eses. O resto é inventar para faer dano. Seguro que non te gustaría que te fixeran o mesmo, acusarte de algo sen probas. Se as hai que se leven a donde hai que levalas.
Publicar un comentario