Xa que o país está cheo de actividade política, de políticos, de cultura e de cultos, o Mosquito Capón pretendeu ser algo así como unha nova visión "moi persoal" da realidade, dende o chairo... (ou dende o meu voo).
O único que me motiva a facer este blog é a inmensa capacidade de exercitar o insersismo do que gozo hai poucos anos, deporte nacional e popular entre os da miña idade...
Solidarízome con todos aqueles que sexan perseguidos polas súas ideas ou a súa falta delas, excepción feita daqueles cuxas ideas só poden impoñerse matando as miñas, que son moitos, que están preto e que hai algúns aos cales o único que lles interesa é saber quen son... Para que?
Para aquell@s aos que tanto importa coñecer a identidade deste mosquito, onde estou, que fago....decirlles...
Ante todo que son un escéptico positivista. Como é iso? Moi doado. O escepticismo é beneficioso pero ata certo punto, de aí que tambien sexa positivista, é dicir, vexo o mundo con escepticismo pero con ganas de que algo mellore, coa idea de que, no medio do barullo de imbecilidades que facemos a diario, algo sirva para algo. Non é moito pedir, ou si?
Vivimos épocas un tanto decrecentes pero sempre hai esperanzas...
No noso país houbo moitos cambios, para algúns, eses cambios son revolucionarios, algo así como o Edén na Terra. Para min, non, queda claro. …? Traen rabo...
Entón, tento dende o meu lugar, poñer as cousas en sintonía, coa visión de "o que é unha pataca é unha pataca, e non unha fondue de camembert", e "o que é unha merda é unha merda e non un chanzo cara ao futuro".
Como ben dixo Lichtenberg: "Ojos como estiletes", (aínda que xa usen lentes os meus)...
Todo aquel que non entenda o que trato de explicar pode anotarse no colexio nocturno que é gratuíto e coller os libros que non morden. ..
Ando só pola vida da escritura, a pesar de ter unha familia moi ampla e infinidade de amigos, pero non teño máis colaboradores que todos aqueles que fan os seus comentarios neste blog, aos cales se debe exclusivamente a cantidade de visitas que recibín...
Non estou coa dereita, nin coa esquerda, nin con ningunha outra localización espacial que non responda única e exclusivamente ás necesidades do común da xente.
Intento sinxelamente construír bocexo a bocexo, un sono de igualdade real de dereitos e obrigas para tod@s...dende a miña visión...
Acepto colaboracións sempre que sexan desinteresadas, fundamentadas, respectuosas e acordes coa intelixencia común.
Non publico nin publicarei xamais notas barriobaxeiras destilantes de veleno e mal gusto, a pesar de que algúns comentarios publicados fixeron certas referencias coas que non estou de acordo, pero cuxo estilo irónico paga a pena ver...
Intento soamente censurar os insultos e as incoherencias insás....
Finalmente desexo agradecer a todos e cada un dos que, coas vosas notas e dende os lugares máis insólitos como Rusia, Xapón, Filipinas ou Australia, facedes que este blog creza día a día...
Valoro e agradezo a asiduidade de lectura das miñas notas dende Alemaña, Bélxica, Estados Unidos, Brasil, Suíza, Inglaterra, México e por suposto de España....especialmente tendo en conta de que ESCRIBO EN GALEGO......(idioma que restrinxe enormemente a cantidade de público lector estranxeiro, pero que para ben ou para mal e con todo o meu orgullo, é o do meu berce...)
Falta como di a canción de Zapato Veloz que me lea un galego na Lúa, que visto o visto debe haber algún....xa chegará...
Reitero o meu agradecemento a tod@s os que cos vosos comentarios facedes este sitio, e recordade, acertados ou non, os meus escritos son soamente a miña vision persoal das cousas, estritamente a miña OPINIÓN...
Chegamos as 10000 visitas un martes 13...boa sinal amigos mosquitos!!!
Para reflexionar algunhas frases:
( algunha un pouco vulgar, pero de irrefutable veracidade...)
As opinións son como os buratos no cu, todo o mundo ten un distinto ao do outro.
Cando deas unha opinion, dáa con fundamento, no caso contrario, deixarás á luz a túa ignorancia.
Onde todos pensan igual, ninguén pensa moito.
As opinións son como os cravos: mentres máis se golpea contra ellas,más penetran. (Alejandro Dumas)
O que non ten opinión propia sempre contradí a que teñen os demais. (Lingrée)
A opinión que os demais teñen dun é a atmosfera boa ou mala en que se vive. (Hebbel)