martes, 29 de enero de 2013

O CHEIRO DAS PREFERENTES ...


Hai poucos días vivimos un pleno un tanto atafegado e con moito de TDT (teatro dixitalizado terriblemente), logo dun pleno no que o PP sufría unha baixa (unha concelleira que por vergoña partidaria dimitía )

Vivimos un sainete no que os dixitalizadores ou monicrequeiros políticos de pouca honra quedaron identificados polas súas expresións faciais, só fai falta ver as fotos que pon galiciasuroeste para observar as caras de pouca sorpresa dalgúns deles .... algún mirando o horizonte como esperando ver chegar a néboa, outro disimulando sosterse a barbela para que non lle caia a cara de vergoña ao ver como se increpa a concelleiros doutro grupo partidario e disimulando con cara de sota que non sabía o que ía acontecer....


Pensades seriamente que a xente é tan parva como para non reconocervos ...???   ou é que no voso narcisismo deficiente credes que sodes tan bos como para actuar sen ser descubertos  ...????


Aclaremos algúns tantos......



Moitos dos presentes no pleno reclamando con xustiza e total dereito o seu diñeiro, son os mesmos que se pecharon no concello do Rosal, e que saen retratados nun e outro concello ..... esa xente está de máis nalgunha das dúas casas consistoriais, ou son dun ou ben do outro .... ou cabe unha terceira posicion ... que creo é a máis próxima á realidade ..., son persoas que no desespero de ter sido estafados  agárranse a un cravo ardendo e sen decatarse son usados por pajarracos políticos preeiros como instrumento en contra do partido opositor ...
.


Hai un refrán que di "a culpa non é do porco senón do que lle dá de comer"... neste caso aos pobres estafados enriba estanlles facendo tragar merda dicindo que é chocolate ... e úsanos (como están afeitos a facer con outros), de tirapedras contra a súa oposición...


Cómo pode ser que abusen do desespero de tanta xente para os seus chicaneos políticos ...???



O peche e petición de compromiso de devolución total do diñeiro ou dimisión ao alcalde do Rosal (casualmente do PP) ..., peche e pedido de compromiso en Tui, bloqueo dunha xunta de goberno ( casualmente do PP) ..., agora na Guarda o pedido de dimisión aos concelleiros casualmente do PP....

Mentres tanto... esquecémonos que...

As entidades bancarias emitiron o maior paquete de preferentes a clientes minoristas -máis de 18.000 millóns de euros- precisamente entre 1999 e 2004, é dicir, dende o último tramo da primeira lexislatura de Aznar ata o final do seu mandato.

Pero as emisións dese produto-trampa experimentaron un marcado repunte en 2009 -superando os 11.000 millóns-, xa cun posto fóra de combate Zapatero en La Moncloa, porque os bancos necesitaban unha urxente recapitalización.

A colocación masiva de participacións preferentes detéctase xa en 2008, se ben alcanza o seu máximo histórico durante o ano seguinte, ... quén gobernaba entón ....????, se a miña memoria non me falla, o ilustre Sr Gepetto Zapatero .... do PSOE .....

Por que entón ninguén dos afectados tamén lles está a reclamar nada aos concelleiros dese partido ...??? non son acaso todos responsables solidarios do fraude ..??

Memoria afectados ....!!!! que o desespero non vos faga perder o norte ....., cambiar o rumbo ..... e esquecer o porto de saída do problema.... 

PP e PSOE SON TODOS A MESMA M....




sábado, 26 de enero de 2013

O CÍRCULO PECHADO DE SALCIDOS



Recentemente apareceu un novo blog no noso pobo ... quizais unha nova forma de expresarse ... e facer política ...???


"Salcidos en branco e negro" aparece como un blog dos veciños de Salcidos que sosteñen "é un proxecto de recuperación fotográfica e documental da Parroquia de Salcidos " e para levalo a cabo, "un grupo de veciños, apoiados pola Asociación Atalaia " casualmente do PP póñense xuntos na ardua tarefa de recompilar fotografías e documentos da zona e dos seus veciños ... por sorte, e como non podía ser doutro xeito, teñen o apoio de Deputación de Pontevedra e da mencionada Asociación Atalaia (hai que xuntar votos en Salcidos).... todo pura casualidade claro.... e tamén casualmente é o mesmo grupete que fixo a festa do monte do 2012 e recadou os pagamentos dos chiringos que tardaron en fuxir, os outros tal vez paguen a próxima ..., co pai de ricitos de ouro á cabeza como historiador, negro vexo o panorama .... a todo isto que papel lle darán á Tita en todo o tinglao ??? pasarano pola canle VIA VAI ???



Para poder unirse ao grupo e seguilos polo Facebook é necesario solicitar ser admitido e esperar que algunha alma bondadosa nos crea aptos ... (seguramente con carné partidario en man) 


Os Grandes Inquisidores ou Administradores, como é de lóxica son,A sobrinísima (quen perdeu a cadeira da Deputación sen irse a Sevilla???), Elena Cividanes (agora fotógrafa) e o grande ordenador do trío, O Veterinario .... todos tal para cual ...



O grupo tal como aclara en Facebook "é pechado", o que non teño tan claro é pechado en que ??? de mollera quizáis ...??? eu aí non podo entrar entón, os mosquitos nin sequera temos mollera ...



Entre os seus membros (206 á data), podemos distinguir entre os agregados e os convidados ...
Agregados son aqueles pouco importantes para o triunvirato rexedor pero que ou ben sabemos son do PP, ou ben intentaremos que o sexan, exemplo GándaraInfogauda,Toñito Uris, entre outros ...
Por outra  banda están os convidados, aquí temos aos amiguetes de sempre, os do clan,  entre eles non podía faltar ACIGU (invitada polo médico de animais), a hermanísima estilista da rubita (invitada por Elena Cividanes), Antón Ferreira ??? (convidado por Elena Cividanes), entre moitos outros ...



Vale dicir que si ti Mosquit@ solicitaches unirte ao grupo e non te responderon ... xa podes sacar as túas propias conclusións ..., tamén pensa ..., se non che invitaron ... por que será ...??? 

será ... será ... que non che ven votándoos quizais...??? non!!! .... é que como son un "grupo de discusión e colaboración.. " aos mosquit@s non nos precisan para "PICAR"  ... ZZZZZ





viernes, 14 de diciembre de 2012

OS SUPERHEROES DA GUARDA 3

Finalmente falaremos de varios grupos de políticos ... BNGCG, os exiliados, os que nunca chegaron e os que se foron porque ninguén os votou ...

Os nosos heroes do BNG son ...



Como sempre o noso pingüín folclórico cambia de aparencia ... (con barba, sen barba, con coleta, con cabelo soprado, etc) pero non de mañas ..., non no profundo ..., non cambia en sentirse un actor de telenovela venezolana nos plenos ..., é dicir cambiar para  ser menos personaxe e máis persoa ...
Na Festa do Monte quedou retratado para a posteridade cunha actitude pouco "sobria" con un menor ...
Tan profesor (de teatro) nos plenos e tan pouco pedagóxico e ético á hora de dar exemplo ... iso si, como político ... é un bo vendedor de xeados (xa ten experiencia no estranxeiro neses mesteres) ...



She-Ra da Guarda é toda unha heroína intentando "facerse co poder", representar ao partido a nivel local, figurar ...
Paciente, astuta, pouco brillante, pero cunha espada afiada para cortar as raíces de calquera e así ocupar o seu posto ... especialmente se a sobreira do que falamos non logra botar raíces profundas ...


Por CG solo tenemos una concelleira ... e un exiliado ...


Lara Croft local, novata políticamente pero de armas tomar, contan que tivo varios enfrontamentos dentro e fóra do partido para facer pesar as súas opinións ... pero por sobre todas as cousas e aínda que moitos non o saiban, este mosquito que descobre moitas cousas, sabe que a heroína en cuestión se prepara para cada pleno con toda a artillaría que pode para contrarrestar os lumes do Pingüín, quen moi ao seu pesar e á súa experiencia recibe en moitas ocasións algo máis que caldo ...



Non podemos esquecer o concelleiro no exilio, polo menos aseguran que momentáneamente ... , é do mesmo partido que Lara Croft, pero actúa como o Fantasma ... , sabemos que en calquera momento anunciará o seu regreso ... e algún dos seus próximos asegura será estrepitoso ...
A este Mosquito non lle cabe dúbida ningunha de que polo menos se regresa, farao cun ámbito partidario incriblemente depurado ... agora véseo rodeado de xente que polo menos PENSA ..., logrou afastarse de todos aqueles que de políticos tiñan pouco pero de chupópteros, todo o imaxinable e máis ...

Imos ocuparnos agora dun novo partido no ámbito guardés ...




O noso Acquaman local, representa un novo grupo político de A Guarda ..., aínda que misteriosamente a el o vimos pasar polo PP, IV e agora o CDL, como un limpaparabrisas de coche, deslízase de Dereita a Esquerda, dun extremo político a outro ... , veremos próximamente cara a onde se traslada ...
Iso si en todos lados fai augas ... e o seu temperamento fíxoo chegar ás mans con facilidade cun peso pesado doutro partido ..., as vistas está que moi centrado non está ...


Finalmente ocuparémonos dun grupete rexeitado popularmente nas últimas eleccións...




A ex edil "segundona de sempre " ata fai pouco tamén chamada Carlitos, e quen xamais ía ás procesións ..., vémola agora convertida en fervorosa devota de Santa Catarina ... será que necesita tantas misas e procesións para que perdoen os seus pecados...???


Sr/Sra en cuestión, mantén á cabeza partidaria sempre disposta a poñer cartos para o partido ... como é o único que pode por ... (ideas non ten ... excepto as da súa esposa "a plaxios ") ... para iso aliméntao con adulacións e comentarios enxalzando a súa sagacidade e astucia política ... pobre escaiolas ... !!!  se soubese canto rin despois del ás súas costas ... comentando que todo o que ten de diñeiro o ten tamén de falta de cerebro ... 

Desta dupla "sen ataduras" que se formou cos desperdicios doutro partido e o complemento exclusivo de familiares ... temos moito para dicir a nivel local ..., especialmente sobre todos os triunfos obtidos nas distintas comisións de festas polas que pasou o "voitre" local cabeza de lista, todas elas con grandes beneficios económicos de destino incerto ...

En canto a Sor Carlitos, dicir soamente que Goián lle resulta cada día máis necesario, especialmente en compañía do seu cónxuxe o "Guardi-bolas", de quen se escoitan os berros cando adestra dende o outro lado do monte ...



Para concluír, restaría nomear a algúns asesores ou acompañantes locais, que os hai e en todos os partidos... como "O Pinchacús", a "Tita", "O Verde", "Paco Jones", "Mister Tango"  e , "Pepiño sen viño", etc... pero eses quedan para outra ocasión...






martes, 11 de diciembre de 2012

OS SUPERHEROES DA GUARDA 2

Para continuar coa saga dos superheroes locais ... e  seus inspiradores dos cómics, hoxe centrarémonos nos do PP e por orde de lista electoral...




Ao igual que a nosa felina guardesa, sempre está acazapada, lista para dar o zarpazo e trepar ata a Deputación ... pero como todos os felinos, aínda que a caída sufrida fose estrepitosa (que o foi), teñen sete vidas, e seguirá xogando a ser política no noso concello ... ata que a próxima envestida teña lugar...




A versión local deste heroe, é un pouco máis inxenua ... por non dicir de presenza inexistente, o seu segundo posto na lista viuse relegado ao derradeiro plano grazas a un compañeiro con serias necesidades de protagonismo político .... e neste caso, noso Superman non tivo vista de raios X precisamente para anticipalo ...


O noso amigo dos animais local, ten tanta necesidade de figurar en primerísimo plano, que precisa tantos brazos como lle sexan posibles para dedicarse a máis dunha tarefa ao mesmo tempo ... todas elas, indubidablemente encamiñadas  a afundir aos opoñentes, co único fin de sobresaír, aínda que para iso sexa necesario trepar sobre cadáveres políticos ou ser servil con quen fora necesario ...

A seguinte heroína en cuestión, La Sra Increíble, fai honra ao seu nome e incriblemente apareceu nesta lista ... ten pouco que criticar , xa que ao que pouco fae pouco se lle pode dicir... soamente iso, que está nesa cadeira pola necesidade de poñer unha muller na lista tal vez.???

En cuestións educativas a Sra parece funcionar moi ben, pero en política ... só para recheo das procesións ...


Eléctrica como poucas ... a nosa Elektra-Fenosa é parlanchina como moitas do PP... con necesidade de subir algúns chanzos na lista ... pero por sobre todas as cousas ocupa un lugar estritamente para cubrir o pocentaxe de presenza feminina que dita a lei electoral ... non se pode poñer na lista figuras femininas "pensantes" que deslustren a nosa felina voceira...


Pasa tan desapercibido que debe ser o superheroe doutro continente ... pero no noso concello soamente está para que non quede unha cadeira do PP baleira nos plenos ... e tamén para levantar a man e votar cando o avisan con algún golpe, xa que adoita despistarse ata niso ...
Din que proximamente asistirá aos plenos co seu traxe e escudo, para protexerse dos avisos dos seus colegas e non quedar co brazo marcado...

En fin, o PP está formado por un grupo de superheroes políticamente opacos, nada tras - Lúcidos, e con ríxida disciplina partidaria, a punto tal que por servir ao seu xefe supremo da Xunta, resultan inoperantes a nivel local ...








jueves, 6 de diciembre de 2012

OS SUPERHEROES DA GUARDA 1


Cada día estou máis convencido que a política é un gran comic .... e como non podía ser doutro xeito, o noso concello non escapa a esta regla ... todos nosos "personajillos pueblerinos" vidos a políticos locais teñen nas historietas a súa gran fonte de inspiración e idolatría, ademáis de ser seus libros de cabeceira ....


Todo apoxeo ten a súa decadencia..., todo imperio se derruba..., e A Guarda non podía ser a excepción....

Aquí vai unha mostra dos nosos políticos locais e intentos de selo en orde corporativo ... calquera parecido coa realidade é puríiiiiiisima coincidencia ..........


o ilustrísimo de urbanismo, xa non pode máis cós seus estiramentos e intentos de tapar a inoperancia e soberbia do seu grupo e del mesmo..., vai ver si con tempo e un esforciño alcanza chegar ata o PXOM e o novo orzamento ...





a nosa moza invisible non pode coas contas e facer que desaparezan coma ela os números, agora está tentando que lle poñan unha bandeira azul ao orzamento e o declaren de interese turístico...


o noso Thor local de vías e obras  anda co seu mazo para riba e para baixo tentando impor o mando sin que ninguén lle faga caso, pero entre subir e baixar sempre ten tempo para algunha parada "estratéxica" ....



o noso apreciado superheroe de tráfico precisa un lazarillo para o seu posto porque anda máis que perdido no que fae, que can sin rabo ... a tal punto que non fae nada .....



din que a nosa muller maravilla de sanidade e servizos sociais un día destes vai traballar no seu posto, estamos a espera que iso aconteza para declaralo día festivo....




coméntase pola Sangriña que o noso querido de educación e cultura, corre para facer todo o que lle mandan e máis..., pero que nestos derradeiros tempos ven un pouco esfurricado..., non sabemos moi ben o porqué..., estarán tentando quitarlle a cadeira...????




o noso Iron Man local de deporte e patrimonio anda algo preocupado polo balonmán feminino...., din que vai consultar a súa colega de facenda por un temiña de cartos que non cuadran..., como ela ten experiencia en facer  contas ....


temos tamén unha encargada de igualdade que está para acompañar a algún dos outros heroes nas fotos, pero que facer algo para as mulleres naina..., haberáse enterado que ten que traballar...???


Polo de agora acabamos cós supeheroes do PSOE guardés .... calma compañeiros mosquitos que os demáis tamén teñen o seu superheroe ... a non ter celos, que este mosquito aínda que coxeando, ten para todos....



jueves, 1 de noviembre de 2012

GAIVOTAS GUARDESAS






Despois de sufrir durante un longo tempo algúns problemas de saúde que mantiveronme afastado deste blog, retorno aínda que con moderación, ás miñas picadas.... a idade non vén soa e por iso o exceso de picadas e sobrevoos pode producir dificultades cardíacas como as que tiven, (tabaco e tinto incluídos) pero non por iso me mantiven no conxelador illado de todo o que acontecía neste bendito pobo....


Debo agradecer tamén a todos os meus colegas mosquitos a información que foronme enviando por correo electrónico, aínda que me foi imposible comentala como acostumo, polo que vos pido desculpas, xa me irei poñendo a ton...



Moitas cousas sucederon neste intre...., tantas que comezaremos a comentalas pouco a pouco...


Tivemos eleccións en varios ámbitos.... por un lado en ACIGU, e polo outro, AUTONÓMICAS, ambas as dúas iso se do mesmo signo avícola.... a simbólica gaivota costeira... da cal di wikipedia... "acoden ás veces aos vertedoiros de lixo ou ao interior das cidades costeiras para alimentarse de desperdicios e carroña... "

Falando de GAIVOTAS...
Podería esperarse encontrar diferentes tipos de gaivotas nun dos moitos e diferentes hábitats que ocupan, pero isto non acontece, senón que adoitan formar grupos compactos, con individuos de aspecto e costumes moi similares...
Nos últimos tempos obsérvase que comezaron a criar no interior das poboacións, chegando a converterse nunha auténtica praga...


Estes novos inquilinos alteran e mesmo erradican as poboacións locais (de paxaros), que rara vez son competencia cunha ave desta voracidade...

O seu voo pode "parecer torpe", pero permítelle realizar espectaculares picados e "rapidísimos ascensos".... (sobrinísima quizáis????)

A gaivota ten gran lonxevidade, encontráronse aves con idades superiores aos "20 anos ", (como en acigu non é asi???)...

Aínda que as gaivotas das nosas costas non son migradoras, poden chegar a desprazarse algúns centenares de quilómetros do seu lugar habitual, en función da dispoñibilidade de "alimento ou de territorio"... (Santiago, Tui ou Pontevedra incluídos...)
Comprobouse que as maiores distancias son percorridas polos exemplares máis "novos" (menuda casualidade....)


Grazas á desaparición dos seus inimigos naturais... (PSOEBNG) a súa densidade aumentou desmesuradamente (non no ámbito local), polo que nalgúns lugares foron necesarias medidas para controlar o seu número.... por exemplo a aparición de novos antídotos como CG...


Existe ademais unha subespecie, chamada "gaivota riseira", ou Larus ridibundus, que se cría na costa, especie destacada por ser gregaria e oportunista, recibe este nome polos "estridentes berros que emite", xa que é moi nerviosa, e ten os seus súbditos intimidados polos seus tons de soprano frustrada.....

Nos noso caso, 20 anos no mesmo niño, son viables, cando... sempre son os mesmos  socio-amiguetes os que se votan a se mesmos nas "multitudinarias e tan publicitadas " convocatorias de asamblea...  as que xa nos teñen afeitos..., iso si xamais vimos nin fotos nin actas asinadas polos asistentes para saber cal foi a cantidade exacta de "unánime aclamación" pola que a Tita e o seu troupe foron proclamados un período máis como "rexedora e séquito inoperante" dos comerciantes guardeses.... perdón, "xunta directiva"....


En cando á polluela de gaivota... o seu voo parece que non foi o suficientemente nin produtivo nin significativo na Diputación Provincial, motivo polo que se lla enviou novamente ao niño, co seu familiar máis próximo e titora política, a seguir aprendendo a voar... deixando a cadeira da Diputación  para outra gaivota máis.... políticamente capacitada para o voo.... e menos tutorada a control remoto...

Toda similitude coa realidade guardesa, non é máis que unha mera coincidencia.... ante calquera dúbida consultar algunha enciclopedia especializada en ornitoloxía política...

sábado, 8 de septiembre de 2012

CADEA SOLIDARIA DE TRABALLO


"Asturias patria querida" está en festas, eu aquí lonxe da Guarda, en Covadonga e non na Guía, motivo polo cal síntome un pouco desconectado dalgúns acontecementos do noso pobo....pero non tanto como para non opinar daquilo que me pareza interesante.....


Hai algúns días lin nun xornal que concelleiros do PSOE sacaron adiante en pleno extraordinario unha moción que obriga ao alcalde,Miguel García Maroto, do PP, a renunciar ao seu soldo e destinar o diñeiro a un Plan de Emprego para os parados do municipio de Loranca de Tajuña.


Pareceume moi interesante a proposta, o único que me deixou un tanto desconcertado foi ver que esta medida nos parece loable e merecedora de estima cando é proposta e votada por concelleiros do PSOE si están na oposición, pero si están no goberno como é no caso da Guarda, mellor nin facemos comentarios...

O noso benemérito e case canonizado San Pancracio-alcade local podería facerse eco dos seus colegas de partido da provincia de Guadalajara e así como pagou as multas co seu salario para axudar a “uns poucos guardeses”, tamén poderían el e a súa banda doar os salarios e contratar para traballar no concello a “moitos parados locais”....

Ademais, o resto de concelleiros tanto do PP, BNG e CG (TODOS ELES CON TRABALLO, grazas a Deus), nun acto de solidariedade con todos os votantes locais, poderían doar o que cobran do Concello por asistencia aos plenos e comisións para asi crear emprego e axudar a familias locais que o están pasando verdadeiramente mal, pero axudar con TRABALLO DIGNO, non con parches de dádivas de comida ou roupa..., o traballo dignifica a quen o realiza e máis aínda a quen o proporciona.....


Concelleiros da Guarda, poderiades solidarizarvos cos vosos concidadáns e xa que todos cobrades salarios polos vosos respectivos traballos, doar os vosos cobramentos como concelleiros para soster emprego local...non dicides sempre que a política é a arte de poñer en práctica unha ideología....???, soa bonito nos discursos pero levalo á práctica parece resultarvos máis difícil...especialmente cando non se trata de dar emprego a amiguetes ou partidarios con carné......


Hai familias no noso pobo con todos os seus membros no paro, mentres que outras lograron “milagrosamente” ser contratados para desempeñar distintos postos de traballo do concello, casualidades da vida din algúns... .....servil clientelismo e favoritismo partidario dicimos outros....


Espero señor@s concelleiros que algún de vós se sinta tocado por estas palabras e leve como moción a pleno esta proposta en beneficio  daqueles guardeses que vos levaron a ocupar o sitio no que estades e no cal percibides diñeiro dos contribuíntes.... 

martes, 21 de agosto de 2012

O PROFE E O VIÑO...

Dixen que neste domingo do Monte acontecera algo bastante desagradable, por non dicir aberrante, que merecía un artigo aparte e eiquí está....


Os que vivimos dende hai tantos anos esta fermosa festa como algo irrepetible, singular, típico, propio do noso pobo, e por sobre todas as cousas FAMILIAR, non podiamos case nin pestanexar ao ver fotografada a paradoxal situación dun "profesor dando viño a un menor".......pero se a iso lle sumamos que é un dos nosos concelleiros locais, o cheiro que emana é aínda peor....non é cheiro, o tufo apesta....

O personaxe en cuestión, en anteriores edicións desta festa mantivérase á marxe da xura, tocando a súa gaita, pero nesta ocasión, sufriu un repentino ataque de solidariedade cara aos membros da súa banda e puxo mans á obra levantando o garrafón...,   
cabería preguntarnos se a forza do sol do mediodía lle fixo perder o sentido ata tal punto que non mirou a quen daba a xurar con viño.... ou quizais as emanacións etílicas do don de Baco foron tan intensas que o marearon sen probalo.... quizais tamén o ámbito provocou no noso edil un dejavú que o fixo situarse por uns instantes nas festas celtas onde se consumían cantidades colosais de bebidas alcohólicas e de comida, cun importante valor para manter a cohesión social da comunidade celta de entón....(léase, intentar incrementar votos na actualidade)...

En fin por un motivo ou outro, o certo e innegable, por estar plasmado en fotografías publicadas en internet, é que todo un "profesional" da educación caeu na mestura da letra da canción dos celtas cortos....Una cousa é o viño e outra cousa é o amor Pero se xuntas as dúas, nace o amor polo viño. .. nalgúns como neste caso, ese amor parece ser tan profundo que enturba o seu raciocinio.....

Outras bandas tamén fixeron xurar aos seus nenos, pero a pesar de non estar ningún deles relacionados coa educación, nin preparados como o noso edil en pedagoxía e psicoloxía infantil, todos e cada un foron o suficientemente pensantes como para tapar o pico da botella e que os nenos non tomasen nada e algúns só manchábanos coa man....

Cabe aquí preguntarnos que facían ante esta imaxe os adultos circundantes...? e os pais do menor....?, pobriño se se lle ve unha cara de pánico na foto antes de xurar que dan ganas de saír na sua defensa....

A miña reflexión agora é.... a partir desa crucial imaxe que quedará gravada na miña retina ata a festa do monte 2013...cómo poderei asistir a partir de agora aos plenos do noso concello e ver o edil mencionado sen que a súa imaxe sen gaita e con garrafón non se me apareza...???

Será capaz de criticar alguén máis nos plenos sen que lle respondan con esta "anécdota" na que é o protagonista de terror...???

Calará o seu partido ante o innegable...ou tomará medidas....???

Estará en condicións morais de tomar decisións no concello....???

Poderá mirar á cara aos seus alumnos en setembro e dicirlles que o alcohol é prexudicial para a saúde dos menores...sen que rían na súa cara...???

Se cunha cámara fotográfica diante se permite ter esta actitude....sinon a houbese que faría...???

Din que a súa aspiración era ser deputado....visto o visto...o vexo máis apto para ser dirixente do botellón da alameda....

O meu humilde consello señor concelleiro do BNG da Guarda..., toque a súa gaita..., que o fai moi ben segundo din..., e deixe o resto para quen teña un criterio moral que vostede parece ter perdido....recorde, é unha persoa pública que se supón debe dar e ser exemplo....pero non disto ...